Tag: colexio de arquitectos

Día Internacional del Libro 2020
23-04-2020 Sen comentarios

Día Internacional del Libro 2020

Para celebrar el Día Internacional del Libro, tan atípico, desde veredes, arquitectura y divulgación queremos repasar  las publicaciones realizadas para que puedas recordarlas y reseñar aquellas que hayas leído o te interesaría leer. Esperamos que así este periodo que nos ha tocado vivir sea más llevadero. Sin preámbulos os dejamos las 30 publicaciones seleccionadas, como se suele decir ni son […]

Case Study Houses
07-01-2020 Sen comentarios

Case Study Houses

O programa Case Study House foi un fito na historia da arquitectura estadounidense. A súa principal forza inspiradora, John Entenza, foi un campión da modernidade que reuniu a algúns dos maiores talentos da arquitectura, como Richard Neutra, Charles e Ray Eames e Eero Saarinen. Esta retrospectiva analiza os 36 prototipos de casas a través dunha extensa documentación, fotografías, planos de planta e bosquexos. […]

Lembranzas de Alejandro de la Sota
05-09-2019 Sen comentarios

Lembranzas de Alejandro de la Sota

Charla de Manuel Gallego e Carlos Puente “Lembranzas de Alejandro da Sota” celebrado na Sede do COAG en Santiago o 12 de decembro de 2018, moderada por Carlos Quintáns.

Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe. Convocatoria 2018 Vivendas unifamiliares
26-04-2018 Sen comentarios

Premio Juana de Vega de Intervencións na Paisaxe. Convocatoria 2018 Vivendas unifamiliares

Esta categoría ten por obxecto recoñecer a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen en Galicia. Poden ser candidatos ao premio: o/s autor/es do proxecto. Só se admitirán proxectos realizados en Galicia, que fosen finalizadas entre o 1 de xaneiro de 2015 e o 31 de decembro […]

California Dreaming. Unha fascinante historia da vivenda unifamiliar de baixo custo a través de dez insólitas biografías
17-08-2017 Sen comentarios

California Dreaming. Unha fascinante historia da vivenda unifamiliar de baixo custo a través de dez insólitas biografías

Este libro sitúase a medio camiño entre unha aproximación ao universo dun transcendental grupo de arquitectos californianos do segundo terzo do pasado século e a recuperación da experiencia do programa Case Study Houses (CSHP), e é froito dun proceso investigador desenvolvido na Escola de Arquitectura da Coruña. Nel, deambulamos polas fascinantes biografías de creadores como Schindler, Ain, Rapson, Eames…, á vez que observamos […]

Susana Rodríguez Carballido · Asesoramento para profesionais da Arquitectura | asesorArq
01-12-2016 Sen comentarios

Susana Rodríguez Carballido · Asesoramento para profesionais da Arquitectura | asesorArq

Co paso dos ano a profesión e os labores do arquitecto foron cambiado e evolucionando, ou ben pola apertura de “novos campos de actuación (incluso recuperando algúns perdidos)” ou ben porque se gañou en complexidade tanto nos proxectos como nas normativas para desenvolver e implementar. No medio de toda esta selva “Quen non necesitou realizar consultar técnicas ou administrativas? A […]

Maushaus - Jorge Raedó · publicación/revista/educación | Amag! Revista de Arquitectura para Nenos
12-03-2015 Sen comentarios

Maushaus – Jorge Raedó · publicación/revista/educación | Amag! Revista de Arquitectura para Nenos

Hai unhas semanas charlábamos cos directores da revista The AAAA Magazine sobre as “dificultades” de poñer en marcha unha publicación, pero ¿e se lle engadimos que sexa unha revista de arquitectura para nenos? ¿E se o poñemos en marcha dende San Sebastián e Helsinki? O resultado deste reto é Amag! Revista de Arquitectura para Nenos, un proxecto desenvolvido por por Maushaus […]

Conferencia. ¿Que aprendí de la arquitectura? Eduardo Souto Moura
17-10-2014 Sen comentarios

Conferencia. ¿Que aprendí de la arquitectura? Eduardo Souto Moura

Que aprendí de la arquitectura? é o título da iniciativa coa revista Casabella celebrou o seu octoxésimo ano de publicación (1928-2008), que incluía unha serie de charlas dalgúns dos arquitectos contemporáneos máis importantes en lugares evocadores. O ciclo comezou o 20 de xuño de 2008 co dúo Álvaro Siza e Eduardo Souto Moura conferencia dentro da canteira Cava Cengelle en […]

Carlos Meijide. Arquitecto
13-10-2014 Un comentario

Carlos Meijide. Arquitecto

Con motivo da Semana Mundial da Arquitectura: o próximo mércores 15 de outubro na Delegación do COAG na Coruña, ás 20:00 H., inaugurarase a exposición: CARLOS MEIJIDE. ARQUITECTO. A exposición reune un breve pero intenso conxunto de documentación orixinal centrada sobre a vivenda na obra do noso botado de menos profesor e compañeiro monfortino. “Carlos Enrique Meijide Calvo (Monforte de […]

13+1 Feitos construidos · Andrés Reboredo
03-12-2013 Sen comentarios

13+1 Feitos construidos · Andrés Reboredo

A Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na Coruña, en colaboración coa empresa DESENVOLVE, inicia con “13 +1 Feitos construídos” o seu primeiro ciclo de conferencias sobre a realidade construída da arquitectura galega contemporánea. Esta cuarta sesión correrá A Cargo de Andrés Reboredo, “Vivenda Unifamiliar en O Batán” e “Hospital Marítimo de Oza” serán as obras que expoñerán. […]

Pintando Pintura
20-11-2013 Sen comentarios

Pintando Pintura

A Delegación do COAG na Coruña inaugura, o próximo xoves 21 de novembro ás 20.30 h., a exposición PINTANDO PINTURA do pintor JORGE CABEZAS. Despois de case 20 anos dende a súa primeira exposición na antiga sala da delegación, o pintor coruñés Jorge Cabezas volve ao COAG para realizar unha mostra de obras recentes ( e non tan recentes). A […]

13+1 Feitos construidos · Julio Grande
19-11-2013 Sen comentarios

13+1 Feitos construidos · Julio Grande

A Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na Coruña, en colaboración coa empresa DESENVOLVE, inicia con “13 +1 Feitos construídos” o seu primeiro ciclo de conferencias sobre a realidade construída da arquitectura galega contemporánea. Esta terceira sesión correrá a cargo de Julio Grande, “Casa Vella” e “Casa da xuventude en Riveira” serán as obras que expoñerán. A conferencia […]

13+1 Feitos construidos · José Villace + Martín de Cominges
06-11-2013 Sen comentarios

13+1 Feitos construidos · José Villace + Martín de Cominges

A Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia na Coruña, en colaboración coa empresa DESENVOLVE, inicia con “13 +1 Feitos construídos” o seu primeiro ciclo de conferencias sobre a realidade construída da arquitectura galega contemporánea. Esta segunda sesión correrá a cargo de José Villace + Martín de Cominges, “Casa Guitián e “Pavillón de celebracións en Pazo de Cea” serán […]

13+1 Feitos construidos · Iago Seara
21-10-2013 Sen comentarios

13+1 Feitos construidos · Iago Seara

A Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en A Coruña, en colaboración coa empresa DESARROLLA, inicia con “Feitos construidos” seu primeiro ciclo de conferencias sobre a realidade construïda da arquitectura galega contemporánea. Nesta primeira sesión correrá a cargo de Iago Seara, “Sala de armas do arsenal de Ferrol” e “Restauración das cubertas do Pórtico da Gloria” serán as […]

13+1 Feitos construidos
19-10-2013 Sen comentarios

13+1 Feitos construidos

A Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en A Coruña, en colaboración coa empresa DESARROLLA, inicia con “Feitos construidos” seu primeiro ciclo de conferencias sobre a realidade construïda da arquitectura galega contemporánea. Dende o 23 de  outubro de 2013 ata o 29 de xaneiro de 2014, cada dúas semanas, pola sala da Delegación pasarán  7 equipos de arquitectos, […]

Conferencia Juan Domingo Santos · La Alhambra de Granada. Visións de contemporaneiade
10-10-2013 Sen comentarios

Conferencia Juan Domingo Santos · La Alhambra de Granada. Visións de contemporaneiade

A Fundación Luis Seoane en colaboración coa Delegación do COAG na Coruña invitan a todo os colexiados á lección inaugural do curso “Os Segredos da Arquitectura 2013/14”, que co título “A Alhambra de Granada. Visiones de contemporaneiade” impartirá o Profesor de lle ETSA de Granada D. Juan Domingo Santos. A conferencia desenvolverase na fundación Luis Seoane o xoves 10 de […]

Día mundial da arquitectura 2013 · A Pescadería en tránsito (A Coruña)
04-10-2013 Sen comentarios

Día mundial da arquitectura 2013 · A Pescadería en tránsito (A Coruña)

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrará o próximo día 7 de outubro o día Mundial da Arquitectura, que tradicionalmente se celebra o primeiro luns de outubro. “Cultura – Arquitectura” é o lema elixido pola UIA, querendo destacar a multitude de interpretacións e ilustracións que refrexan a diversidade, riqueza, imaxinación e capacidade de invención dos arquitectos a través dos […]

Cidade, debuxo e café con xeo · Exposición
06-09-2013 Sen comentarios

Cidade, debuxo e café con xeo · Exposición

Dende o luns 9 de setembro, poderase visitar a exposición Ciudad, debuxo e café con xeo na planta de acceso da Escola de Arquitectura da Coruña. Nela recóllense os traballos realizados no taller de verán Ciudad, debuxo e café con xeo, organizado o pasado mes de xuño por lasonceymedia e veredes en colaboración coa ETSAC, o COAG e a Fundación […]

Conferencia Juan Domingo Santos · Infraestruturas do doméstico
04-07-2013 Sen comentarios

Conferencia Juan Domingo Santos · Infraestruturas do doméstico

O vindeiro luns 8 de Xullo ás 20:00h a Librería Formatos da Coruña en colaboración coa Delegación A Coruña do Colexio de Arquitectos de Galicia, e dentro do Ciclo a arquitectura como ferramenta cultural para a construción da realidade, en defensa da arquitectura, acollen a conferencia “Infraestruturas do doméstico”, impartida polo arquiteto Juan Domingo Santos, autor entre outras obras destacadas […]

Mauhaus | Xentes, Espazos e Lugares
24-05-2013 Sen comentarios

Mauhaus | Xentes, Espazos e Lugares

Conferencia de Anabel Varona e Carlos Arruti, Mauhaus ‘MAUSHAUS, arquitectura para todos’ celebrada o 21 de setembro de 2012, na Fundación Barrié en A Coruña. Incluída dentro do ciclo Xentes, Espazos e Lugares do Proxecto Terra e organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

Patrizia di Monte, Ignacio Grávalos | Xentes, Espazos e Lugares
16-05-2013 Sen comentarios

Patrizia di Monte, Ignacio Grávalos | Xentes, Espazos e Lugares

Conferencia de Patricia di Monte, Ignacio Grávalos “Isto non é un solar” celebrada o 20 de setembro, ás 20:00 h, e que tuvo lugar no salón de actos da Galería Sargadelos de Ferrol. Incluída dentro do ciclo Xentes, Espazos e Lugares do Proxecto Terra e organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

Cidade, debuxo e café con xeo · Obradoiro de verán 2013
15-05-2013 2 comentarios

Cidade, debuxo e café con xeo · Obradoiro de verán 2013

O obradoiro de verán Cidade, debuxo e café con xeo propón unha reflexión crítica achega das posibilidades do debuxo a man alzada como ferramenta de análise e proxecto a escala urban. Ao longo de tres días (26, 27 e 28 de xuño) os arquitectos Toni Gironés, Juan Creus, Concepción García (Pescadería 20), Carlos Pita e Borja López Cotelo ofrecerán cinco […]

O arquitecto e a sociedade. Manolo Gallego
22-01-2013 Sen comentarios

O arquitecto e a sociedade. Manolo Gallego

Manolo Galego Jorreto. Arquitecto. Medalla de Ouro da Arquitectura que concede o Consello Superior dos Colexios de Arquitectos de España. Foi membro fundador do Museo do Pobo Galego, do Seminario de Estudos Galegos e da Fundación Luís Seoane (1996).

Carlos Jiménez | Xentes, Espazos e Lugares, Proxecto Terra
30-11-2012 Un comentario

Carlos Jiménez | Xentes, Espazos e Lugares, Proxecto Terra

Video da Conferencia de Carlos Jiménez, ‘A propósito de gentes, espacios y lugares’, celebrada ou 13 de setembro de 2012, non Auditorio Caixanova en Santiago de Compostela. Incluída dentro do ciclo Xentes, Espazos e Lugares do Proxecto Terra e organizada polo Colexio de Arquitectos de Galicia.

«Un tras outro». Luis Sirvent
27-11-2012 Sen comentarios

«Un tras outro». Luis Sirvent

A Comisión de Cultura da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia convídalles á sétima conferencia do ciclo Un Tras Outro que se inaugurou o mes de xaneiro con BMJ arquitectos. Ó longo destes meses contamos tamén coa presenza de Franco+Pintos, Ansede+Quintáns, Manuel Cuquejo, Alfonso Penela e Manuel G. Vicente. A conferencia terá lugar na Sala de Xuntas […]

‘Xentes, espazos e Lugares’. Encontro con Juan Herreros
23-10-2012 Sen comentarios

‘Xentes, espazos e Lugares’. Encontro con Juan Herreros

Dentro da iniciativa “Xentes, espazos e Lugares“, un programa relacionado co Proxecto Terra, de divulgación e formación non regrada promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia, o próximo venres 26 de outubro terá lugar Centro cultural Novacaixagalicia en Santiago, un encontro con Juan Herreros, co título de “Xeografía urbana: Proxectos que fan cidades”. ‘Xentes, espazos e lugares’. Encontro con Juan […]

«Un tras outro». Manuel G. Vicente
22-10-2012 Sen comentarios

«Un tras outro». Manuel G. Vicente

A Comisión de Cultura da Delegación de Vigo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia invítalles á sexta conferencia do ciclo Un Tras Outro que se inaugurou o mes de xaneiro con BMJ arquitectos. Ao longo destes meses contamos tamén coa presenza de Franco+Pintos, Ansede+Quintáns, Manuel Cuquejo e Alfonso Penela. A conferencia terá lugar na Sala de Xuntas da sé […]

‘Xentes, espazos e Lugares’. Encontro con José Miguel Iribas
16-10-2012 Un comentario

‘Xentes, espazos e Lugares’. Encontro con José Miguel Iribas

Dentro da iniciativa “Xentes, espazos e lugares”, un programa relacionado co Proxecto Terra, de divulgación e formación non regrada promovido polo Colexio de Arquitectos de Galicia, o próximo xoves 18 de outubro terá lugar Centro de Desenvolvemento de Novacaixagalicia en Ourense, un encontro con José Miguel Iribas, co título de “A sostenibilidade do sistema galego de asentamentos”. ‘Xentes, espazos e […]