Tag: colección

Colección I+U. Serie Instalacións
03-05-2018 Sen comentarios

Colección I+U. Serie Instalacións

Serie de libros adicada ao cálculo e deseño das instalacións nos edificios. Desde o estudo dos sistemas hidráulicos, eléctricos, de iluminación e ventilación ata os sistemas de seguridade contra incendios ou formulacións de deseño e planificación desde o aforro de enerxía e a sustentabilidade. AFORRO DE ENERXÍA NO DESEÑO DE EDIFICIOS. Aforrar enerxía non é máis que reducir o consumo da […]

n+1. Tendencias compulsivas. José María Echarte
13-03-2018 Sen comentarios

n+1. Tendencias compulsivas. José María Echarte

Ás veces os arquitectos crémonos tanto o papel de xenio inalcanzable e heroico —que alguén deseñou para nós— que acabamos por esquecer a aquel neno, aquela nena, que pintaba casas de xiz no chan. Que preguntaba sempre por que. Estes textos, compulsivos, indignados, serios e divertidos, escritos desde un profundo amor pola arquitectura, forman parte dunha reflexión constante sobre a […]

Alberto Campo Baeza. Textos Críticos
03-08-2017 Sen comentarios

Alberto Campo Baeza. Textos Críticos

Este libro forma parte da colección Textos Críticos, que recolle os escritos fundamentais de profesores do Departamento de Proxectos da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, onde exerceron durante anos un amplo e xeneroso maxisterio. Nestes textos, seleccionados polo propio autor como legado dunha encomiable traxectoria docente, concéntranse, destilados, os seus principios éticos e estéticos. Este resumo do seu […]

Ornamento Journal #2 AALTO
30-05-2017 Sen comentarios

Ornamento Journal #2 AALTO

Ornamento Journal é unha exploración visual dos valores formais do detalle arquitectónico, independentemente da súa finalidade construtiva. O ornamento é un concepto tabú da arquitectura moderna e foi perseguido con verdadeira saña ao longo do século XX, aínda que indiscutibles mestres modernos traballaron con elementos arquitectónicos que sen ser decorativos exercían unha función estética análoga. Hoxe, unha profunda reflexión sobre o […]

Ornamento Journal #1 MIES
25-05-2017 Sen comentarios

Ornamento Journal #1 MIES

Ornamento Journal é unha exploración visual dos valores formais do detalle arquitectónico, independentemente da súa finalidade construtiva. O ornamento é un concepto tabú da arquitectura moderna e foi perseguido con verdadeira saña ao longo do século XX, aínda que indiscutibles mestres modernos traballaron con elementos arquitectónicos que sen ser decorativos exercían unha función estética análoga. Hoxe, unha profunda reflexión sobre […]

A viga no ollo. Escritos a tempo
16-04-2015 Sen comentarios

A viga no ollo. Escritos a tempo

“Os escritos deste libro xorden do pesimismo que me esperta o optimismo pueril deste tempo, ese acovardamento ante as incertezas que leva a aferrarse a calquera espellismo de salvación. Dende unha mirada persoal. Coa vontade de sinalar o que parece ir mal sen ningunha intención moralista senón de poñer o ollo aí onde considero que as cousas claramente non funcionan […]

A habitación. Máis aló da sala de estar
09-12-2014 Sen comentarios

A habitación. Máis aló da sala de estar

É habitual que nos libros de teoría e historia da arquitectura as vivendas aparezan representadas unicamente polas súas salas de estar, deixando de lado o resto de cuartos. Parecese que, a pesar do seu maior número, o dormitorio non tivese transcendencia ningunha nunha vivenda. Sinxelamente non se pensa nel. O predominio da sala de estar sobre calquera outro tipo de […]

Eficiencia enerxética da envolvente dos edificios: a súa definición e cálculo
26-08-2014 Sen comentarios

Eficiencia enerxética da envolvente dos edificios: a súa definición e cálculo

Eficiencia enerxética da envolvente dos edificios: a súa definición e cálculo Existe na actualidade un alto grao de concienciación nos cidadáns sobre a necesidade do aforro enerxético, polo seu significado na preservación do medio, e polo aforro económico que supón debido aos elevados prezos da enerxía, que actualmente existen. Neste libro o lector encontrará dunha forma alcanzable e sinxela, os […]

Arquia/Maestros 03 · Juan Navarro Baldeweg
24-04-2014 Sen comentarios

Arquia/Maestros 03 · Juan Navarro Baldeweg

JUAN NAVARRO BALDEWEG. Entrevistado por Luis Fernández-Galiano JUAN NAVARRO BALDEWEG (Santander, 1939) é sobre todo un artista, cuxas obras construídas perseguen desentrañar as mesmas incógnitas que dende a adolescencia abordan as súas instalacións ou os seus lenzos: a gravidade e a luz, a materia e os meteoros, o corpo e a paisaxe. Na entrevista en profundidade que realiza Luis Fernández-Galiano, […]

Arquia/Maestros 02 · Rafael Moneo
17-04-2014 Sen comentarios

Arquia/Maestros 02 · Rafael Moneo

RAFAEL MONEO. Entrevistado por Luis Fernández-Galiano RAFAEL MONEO VALLÉS (Tudela, 1937) é o único Premio Pritzker español, pero xunto á excelencia artística que esa distinción celebra, a influente traxectoria do arquitecto navarro está marcada pola dimensión intelectual dos seus proxectos e por unha vocación pedagóxica que se expresou a través da súa xenerosa dedicación ao ensino en Madrid, Barcelona e […]

Arquia/Maestros 01 · Oriol Bohigas
10-04-2014 Sen comentarios

Arquia/Maestros 01 · Oriol Bohigas

Oriol Bohigas. Entrevistado por Luis Fernández-Galiano ORIOL BOHIGAS I GUARDIOLA (Barcelona, 1925) foi algo máis que o autor intelectual da Barcelona contemporánea: a súa fértil carreira desborda os límites da arquitectura, e é inseparable da cultura de Cataluña na segunda metade do século XX. A extensa entrevista realizada por Luis Fernández-Galiano percorre a súa traxectoria dende os seus inicios estudantís […]

Arquia/Maestros
21-03-2014 Un comentario

Arquia/Maestros

A colección arquia/maestros é un programa cultural ideado, producido e editado pola Fundación Arquia consistente nas gravacións de entrevistas (monografías audiovisuais en DVD) realizadas a arquitectos relevantes da arquitectura contemporánea. O obxecto da colección é que destacados mestres da arquitectura transmitan o seu pensamento, de viva voz, a xeracións futuras de arquitectos. 25 de marzo ás 19.30 h, a Fundación […]

Premio FAD de Pensamento e Critica 2014
14-01-2014 Sen comentarios

Premio FAD de Pensamento e Critica 2014

ARQUIN-FAD tamén abre a convocatoria de presentación de traballos para participar no Premio FAD de Pensamento e Crítica, ao que poden optar todos aqueles textos e publicacións, webs, blogs e outros medios relacionados coa cidade, a paisaxe, a arquitectura, a interiorismo, etc., que contribuísen de forma significativa a fomentar o debate e a crítica, tan necesarios na Península Ibérica para […]

Principia Architectonica
14-08-2012 2 comentarios

Principia Architectonica

Trátase dunha colección de textos escritos polo seu autor durante o seu pasado ano sabático na Universidade de Columbia en Nova York. Escrito en inglés e en castelán, aparecen en dúas edicións independentes. A edición española con cuberta vermella e a inglesa con cuberta verde. O título PRINCIPIA ARCHITECTONICA está tomado prestado dos Principia Mathematica de Newton, e recolle temas […]

A columna e o muro
24-02-2012 33 comentarios

A columna e o muro

A Fundación Caja de Arquitectos puxo a disposición de todos os usuarios do seu web unha nova publicadión para de libre descarga en pdf do programa Arquia/tese. La columna y el muro O diálogo entre a columna e o muro remítenos a un dos discursos quizá máis específicos que se poidan efectuar en torno ao feito arquitectónico: o da materialidad. […]

Colección Documentos de Reflexión Urbanística [DRU 6]
09-02-2012 2 comentarios

Colección Documentos de Reflexión Urbanística [DRU 6]

Dalda, Premio Europeo de Urbanismo polo Plan de Protección e Rehabilitación do casco histórico compostelano en 1998, e autor dos plans xerais de Oleiros e Ferrol, preparaba as súas clases con verdadeira dedicación. Unha publicación recolle exemplos do seu pulcra xeito de impartir a docencia na escola coruñesa: o volume número seis da colección de Documentos de Reflexión Urbanística (DRU) […]