Tag: Cedric Price

Atlas de Teoría(s) de la Arquitectura
26-02-2019 Sen comentarios

Atlas de Teoría(s) de la Arquitectura

Atlas de Teoría(s) da Arquitectura é unha mostra visual sobre diferentes modos de ver a arte de construír. É unha exposición en plural, debido a que non hai un só modo de concibir que é a arquitectura, como se fai e como debe entenderse. A arquitectura, como calquera disciplina, desenvolve a súa teoría en palabras; pero, conxuntamente, é capaz de […]

As TICs e o incerto futuro da cidade | Guido Cimadomo
11-02-2019 Sen comentarios

As TICs e o incerto futuro da cidade | Guido Cimadomo

Para entender a evolución da cidade contemporánea é necesario ver a influencia que a tecnoloxía da información (TIC) e o incremento do seu uso está a producir na sociedade. A súa aplicación en diversos sectores da sociedade é de extrema importancia para o desenvolvemento urbano e marca o futuro económico, social e político das cidades. As TICs apóianse nunha estrutura espacial onde a […]

Do edificio híbrido ao edificio complexo | Aurora Fernández Per - Javier Mozas
29-12-2017 Sen comentarios

Do edificio híbrido ao edificio complexo | Aurora Fernández Per – Javier Mozas

O edificio híbrido. O noso interese por este tipo de proxecto xorde a partir do consumo do territorio. A cidade dispersa é a orixe de gran parte do dano que sofre o planeta. Non só aumenta a emisión de gases a causa do transporte e do consumo individualizado, senón que diminúe a vertebración social e a posibilidade de intercambio. Mesmo […]

A cidade simulada | Marc Chalamanch
13-06-2016 Sen comentarios

A cidade simulada | Marc Chalamanch

“Un lugar pode definirse como lugar de identidade, relacional e histórico, un espazo que non pode definirse como espazo de identidade nin como relacional nin como histórico, definirá un non lugar.. (…)”  “Os no lugares, espazos de anonimato“,  Marc Augé As cidades maquíllanse, convertidas en imaxes perfectas, para poder finxir o que a sociedade espera delas.  Camúflanse detrás dunha aparente […]

A cidade protagonista do territorio TIC | Marc Chalamanch
18-04-2016 Sen comentarios

A cidade protagonista do territorio TIC | Marc Chalamanch

Entrados no século XXI desvaneceuse a cidade das tecnoloxías da información que profetizaban, hai poucas décadas, os futurólogos disfrazados de gurús. Tampouco se chegou á tecnópolis totalitaria denunciada polos nostálxicos do “calquera tempo pasado sempre é mellor”. Resulta interesante repasar as atrevidas predicións mesiánicas que as novelas de ciencia ficción debuxaban sobre o futuro tecnolóxico que viña coa aparición das […]

A realidade física nunha sociedade desmaterializada | Marc Chalamanch
07-09-2015 Sen comentarios

A realidade física nunha sociedade desmaterializada | Marc Chalamanch

Somos a primeira xeración da historia que forma parte dunha sociedade inmersa nun proceso imparable de desmaterialización; mentres que como arquitectos continuamos traballando coa lenta e custosa transformación da materialidade. A información situouse no centro do desenvolvemento económico, político, social e cultural da nosa sociedade, e marca cada un dos nosos pasos. O paradigma informacional arredor das tecnoloxías da información […]

Pisos piloto. Células domésticas experimentais
01-09-2015 Sen comentarios

Pisos piloto. Células domésticas experimentais

‘Pisos Piloto recolle unha selección de células domésticas na vivenda colectiva que nacen dunha vontade innovadora e experimental. A miúdo utópicas ou visionarias e con afán de responder a novas formas de vida, estas células domesticas cuestionan o presente e intentan prever o futuro. Este libro presenta unha recompilación de exemplos de todo o mundo de prototipos demostrativos a escala […]

Entrevista comigo mesmo | Borja López Cotelo
03-10-2014 Sen comentarios

Entrevista comigo mesmo | Borja López Cotelo

Abrín os ollos naquel cuarto de cor amarela. Ao meu arredor, centos de libros e cadernos apoiábanse sobre mobles diseminados pola caótica estanza. Poe, Melville, Tolstoi ou Maupassant amontoábanse en insólito equilibrio. O chan estaba repleto de folios engurrados, vítimas sen dúbida dalgún acceso de ira. Eu xacía sobre un deses fermoso diváns deseñados por Jeanneret e Perriand. -Ben, cabaleiro. […]

A xestión do impredecible | Miguel Ángel Díaz Camacho
31-03-2014 Sen comentarios

A xestión do impredecible | Miguel Ángel Díaz Camacho

En ocasións argumentamos sobre o “programa” como un elemento comprometedor do proxecto de arquitectura. Os arquitectos presumimos de coñecer, mesmo mellor que os propios usuarios, aquilo que eles precisamente necesitan, facendo da “reinterpretación” do programa unha das nosas máis valiosas achegas ao encargo. Non obstante, o tempo adóitanos arrebatar a razón e o uso que habitualmente vinculamos a un espazo […]

Estratexias operativas en arquitectura. Técnicas de proxecto de Price a Koolhaas
31-07-2013 Sen comentarios

Estratexias operativas en arquitectura. Técnicas de proxecto de Price a Koolhaas

O pasado 11 de xullo entregáronse en Barcelona os premios FAD 2013, entre eles os correspondentes á categoría de pensamento e crítica. Un dos premios recaeu en Estratexias operativas en arquitectura, unha interesante achega crítica para a comprensión dalgunhas tendencias arquitectónicas actuais. De acordo co acta do xurado, “Estratexias operativas en arquitectura reivindica o campo de acción da arquitectura máis […]

Cedric Price: Opera
12-03-2013 Sen comentarios

Cedric Price: Opera

“A Cedric Price gústanlle os libros, pero non lle gusta facelos –é da opinión de que requiren demasiado tempo e para cando están preparados xa pasou o seu momento.” Con estas palabras inicia Samantha Hardingham a introdución de Opera. Afortunadamente este non é un texto de arquitectura como aqueles a os que estamos afeitos, de maneira que é difícil pensar […]

Os paxaros | Jorge Meijide
30-08-2012 Sen comentarios

Os paxaros | Jorge Meijide

Os paxaros De cando en vez, e só de cando en vez, na arquitectura danse momentos estelares. Momentos deses que “brillan sobre a noite do efémero”. Momentos fugaces no tempo que desencadean accións máis importantes e duraderas que eles mesmos. Momentos similares aos desas miniaturas históricas como as que o escritor austríaco Stefan Zweig relata no seu libro Momentos estelares […]

O ordinario
02-02-2011 25 comentarios

O ordinario

Este libro recolle unha serie de artigos que abordan a noción do ordinario en arquitectura e traza, a través da selección de ensaios, unha xenealoxía desta categoría na teoría da arquitectura ao longo dos últimos corenta anos. A expresión o ordinario constitúe o denominador común dunha serie de nocións que teñen relación coa apropiación e instrumentalización das denominadas condicións existentes […]