Susanne Bier, arquitecta | Jorge Gorostiza - veredes

Susanne Bier, arquitecta | Jorge Gorostiza


Susanne Bier, arquitecta Jorge Gorostiza
Susanne Bier, arquitecta | Fonte: wikipedia.org

No libro Talking Movies: Contemporary World Filmmakers in Interview, escrito por Jason Wood en 2006, hai unha entrevista con Susanne Bier na que conta que primeiro estudou relixións comparadas e despois arquitectura e

«intereseime moito en elementos na liña das películas, como o deseño de decorados. Entón intereseime máis nas persoas que nos muros que deseñara e empecei a ler guións. Presenteime como directora artística ao National Film and Television Schooll no Reino Unido e mentres estaba na entrevista díxenlles que non estaba decidida se quería ser directora artística ou directora, e dixéronme que debería irme á miña casa e pensarmo.

Moi pronto me presentei a directora en Den Danske Filmskole. Non son como varios directores masculinos que foron fanáticos do cinema toda a súa vida».

Segundo Bier, parece que o cinema se ocupa máis da xente que a arquitectura, o cal é moi discutible, pero si é verdade que esta última convértese nun valioso paso intermedio para acabar dirixindo películas.

Tamén lle preguntan que directores lle influían naqueles anos e contesta:

«Eu estaba incriblemente influenciada naquel entón por directores como Antonioni que usaban a arquitectura moi significativamente».

Non é a primeira vez, nin será a última, que se recomendan neste blogue as películas dirixidas por Michelangelo Antonioni, porque a súa pegada foi fundamental nas relacións entre o cinema e a arquitectura e, se non segue séndoa, só poderá ser achacable á falta de cultura cinematográfica tanto dalgúns cineastas, como dalgúns arquitectos.

Jorge Gorostiza, Doutor arquitecto.
Santa Cruz de Tenerife, setembro 2017
Autor do blogue Arquitectura+Cine+Ciudad

Jorge Gorostiza
He publicado bastantes libros y muchos artículos, he impartido conferencias, he sido comisario de exposiciones y jurado en muchísmos festivales. Si quieren saber más no duden en consultar mi blog ARQUITECTURA + CINE + CIUDAD. En este blog se irán recogiendo artículos y textos dispersos por la Web, así como otros publicados y libres de derechos, que traten sobre Cine, Arquitectura y Ciudad. Así quienes estén interesados por las relaciones entre la ficción y la realidad, podrán tener más argumentos para profundizar en esas relaciones. No es un blog en el que se vayan a hacer comentarios sobre las vivencias personales de su responsable, que además a nadie interesan. Por supuesto que está abierto a cualquiera que le gusten estos temas, sirviendo como foro de debate y como lugar donde todos podamos aprender con las ideas de los demás.
follow me

Arquivado en: arquitectos, arte, capturas, cine, Jorge Gorostiza

Tags: , , , , , , , , , , ,