Sonos e po. Contos de tempo sobre arte e arquitectura

En busca do tempo presente. Investigacións arqueolóxicas en torno á arquitectura.

Algunha vez confesou Borges que escribía contos porque non coñecía outro medio literario tan directo para narrar historias. Acaso por iso, Anxo Martínez García-Posada -profesor e investigador na Escola de Arquitectura de Sevilla- válese do conto para rememorar pensamentos e accións de certos escritores, pintores, arquitectos e outros personaxes de grande influencia do século XX; Robert Smithson, Gordon Matta-Clark ou Joseph Beuys son, entre outros, algúns destes “sospeitosos habituais”, en palabras do autor. O libro é unha antoloxía de relatos, unha sorte de actualización de Las Mil e Unha Noites na que o lector se converte nun atento rei Schariar que observa como se esvaen os límites do tempo e os personaxes se fonden uns con outros, deixando un pouso no que a arte queda como o recordo de instantes memorables. Próximo á épica subxacente neste xénero, transloce o desexo de elevar a categoría artística todos aqueles acontecementos dignos de ser transmitidos e evocados: o paseo entre as nubes de Philippe Petit, os xaques de Marcel Duchamp ao seu aprendiz John Cage, a viaxe ao Novo Mundo dun obelisco alexandrino… A lectura convértese nunha dérive, paseo de idas e vindas polo tempo e o espazo, no que se establecen relacións múltiples e inesperadas entre as diferentes narracións.

Sonos e po. Contos de tempo sobre arte e arquitectura

[…]

Miguel Ángel Damián Sanz

Esta recensión foi a gañadora do I Concurso de recensións de libros de teoría, crítica e historia de arquitectura convocado pola Asociación temenos, coa colaboración do DCA da ETSAM, a Editorial Reverté e a revista Arquitectura Viva.

Sonos e po. Contos de tempo sobre arte e arquitectura

Ángel Mártinez García-Posada

Lampreave, 2009

+ artigo publicado en arquilecturas

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,