Stepienybarno · Identidade dixital

Stepienybarno é un estudo de arquitectura e comunicación online, afincado en Estella (Navarra, España). Aínda que unha boa parte do seu tempo o dedican a realizar proxectos de arquitectura e o compaxinan con afondar nos diversos temas que lles van interesando en cada momento, polos que foron premiados e publicados en diferentes medios.

“A nosa actividade susténtase en tres piares básicos: a investigación, a publicación e a redacción de proxectos de arquitectura”.

Froito desta filosofía xorden proxectos como, Sinergia Sostenible, o congreso Equiciudad, redactores de La ciudad viva, ou o blog de Stepienybarno, este último con presenza na rede dende maio 2009 e que en decembro de 2013, se converteu no segundo blog máis influente (entre unha selección de máis de 100 blogs) de arquitectura no mundo en lingua hispana, segundo o ranking ebuzzing.

Como son moitos e variados os temas que tocan, hoxe só falaremos con eles de identidade dixital, aproveitando o fío dunha discusión iniciada nas redes sociais.

stepienybarno

¿Que é a identidade dixital?

O mesmo que cada un de nós temos unha identidade fóra do mundo online, na rede acontece exactamente o mesmo e debemos coidar a nosa Identidade da cal dependerá, posteriormente, a nosa propia reputación online. O problema é que, moitas veces non se é consciente diso e estase na rede de calquera xeito. Así, como no mundo físico te vistes dun xeito concreto de acordo ás circunstancias e a túa personalidade ou non se che ocorre entrar nun cuarto sen chamar; no mundo online, tamén, debes coidar todos os detalles para que a túa presenza na rede sexa o máis consecuente posible co que realmente es. Canto máis sincero e transparente, mellor.

A túa Identidade real será a suma da identidade dixital coa identidade offline; é dicir, a súa hibridación. É importante recalcar que as dúas son igualmente reais.

Así, grazas a ela, calquera arquitecto ou estudo de arquitectura pode mellorar a súa visibilidade, notoriedade e reputación dixital. De todos os xeitos, convén insistir en que, aínda que é complicado garantir nada, canto mellor sexa ti Identidade Dixital, maiores oportunidades laborais e de colaboracións terás grazas a ela. Iso si, quen pense que por estar en Facebook e Twitter lle vai caer algún encargo, está moi equivocado. O que fai a reputación dixital é aumentar as túas posibilidades e só no caso de que o fagas moi ben, o demais… a Lourdes.

¿Cal foi a vosa formación e traxectoria profesional neste campo?

Últimamente, fálase moito de tirarse rápido á piscina e validar a idea de negocio canto antes e así é como funcionamos dende Stepienybarno.

A atracción polo mundo da Identidade Dixital e a comunicación online xorde aproximadamente hai 4 anos, aínda que con Stepienybarno na rede levemos máis tempo. O bo da Nova Era Dixital é que para coñecer profundamente un tema xa non hai que ir, necesariamente, ás Escolas ou facer un caro Máster. Nós, pouco a pouco, fómonos formando e pódese dicir que investindo moito tempo pero cero euros, fixemos o noso propio “autoMáster”.

Así, lemos como cosacos e, sobre todo, fomos probando na práctica, todo o que aprendiamos na teoría, en tempo real e nas nosas propias carnes. Por iso, o que agora facemos está avalado pola nosa propia Identidade Dixital de Stepienybarno e todo o coñecemento adquirido e, case sempre, compartido nestes anos.

¿Que vos levou a abrirvos camiño no campo da identidade dixital? ¿Quen é ao voso criterio os clientes potenciais deste servizo?

Comezamos facendo páxinas Web hai 6 anos e, dende entón, fomos evolucionado cara a unha visión máis panorámica do tema, dando prioridade a conceptos como rastro dixital ou visibilidade.

Cremos que, a mellor forma de facer un bo Proxecto de Identidade Dixital é entrando de cheo no concepto de empresa que moitos estudos de arquitectura non adoitan ter nada claro. A partir de aí, pasamos a analizar as mellores técnicas e tácticas de comunicación online e, finalmente, estudamos que ferramentas dixitais (web, blog, redes sociais) son as máis axeitadas para cada caso.

Iso si, o noso público son os arquitectos. Entendemos que, polo feito de ser arquitectos, interesarnos a morte a arquitectura e ter o noso propio estudo, podemos entender o complexo mundo do noso gremio. Este colectivo está formado por xente moi particular (ser arquitecto, en moitos casos, é unha forma de vida), que se dedican a unha profesión cuxas interioridades son máis ben descoñecidas para o resto dos mortais.

¿Encontrástesvos con moitas dificultades na súa posta en marcha?

A posta en marcha está sendo sinxela e natural. Estamos moi convencidos de que o servizo que ofrecemos é moi necesario para os arquitectos, e os arquitectos cos que empezamos a traballar, parece que así o ven. Tamén fixemos Proxectos de Identidade Dixital para Universidades de Arquitectura como a de Málaga (+ arquitectura.uma.es), congresos de arquitectura y sostenibilidad (+ equiciudad.es) o instituciones, como la asociación de arquitectura y sostenibilidad ASA (ver blog, aquí).

De todos os xeitos, non queremos que isto se vaia das mans e imos avanzando pouco a pouco e sen moito ruído. Máis adiante, si que lanzaremos o tema con máis potencia e o problema pode chegar a ser como escalar a nosa aventura; pero bo… ¡ogallá todos os problemas sexan así!

¿Considerades que estudar Arquitectura foi un pasaporte fundamental para chegar ao teu traballo actual?

No noso caso, por partida tripla. A principal razón de que hoxe poidamos dedicarnos a realizar Proxectos de Identidade Dixital (PID) é que grazas ao noso blog de Stepienybarno conseguimos unha boa visibilidade e unha axeitada reputación dixital. O blog é de arquitectos e para arquitectos.

Igualmente importante é que, cos nosos servizos nos enfocamos a un nicho de clientes que, novamente, son os arquitectos; así que, é fundamental que nós tamén o sexamos.

E por último o ser arquitectos e ter a capacidade de ler as situacións dun xeito transversal e inatentando atar sempre cabos soltos, serviunos moito á hora de presentar os nosos servizos de Identidade Dixital.

Stepienybarno impartindo un curso identidade Dixital para Arquitectos

¿Estades contentos cos obxectivos alcanzados? ¿Védelo futuro?

O bo da nosa historia é que non trazamos obxectivos previos, senón que fomos confiando na vida. O destino sabe moitas veces o que nos convén moito mellor ca nós mesmos e as circunstancias foron propicias para que acabásemos desempeñando este traballo. O bo é que, hai catro anos, non nos podiamos nin imaxinar que os nosos rumbos profesionais ían ir por aquí e, non obstante, hoxe non quixeramos que tivesen ido por outro sitio.

¿Futuro? Probamente si; agora mesmo, xa temos case tantos clientes como podemos atender e aínda non usamos a viabilidade que o propio blog ten á hora de chegar a moitos arquitectos. Con máis de 30.000 visitas ao mes e cun 90% de arquitectos entre os nosos lectores, o normal é que a nosa actividade sigua adiante e poidamos crecer con comodidade.

Iso si, o mesmo que tampouco buscamos especialmente o que agora facemos, nos deixamos as portas abertas para que dentro de tres ou catro anos esteamos metidos noutras historias. Somos cus inquedos por natureza.

¿Animaríades outros arquitectos a seguir os vosos pasos? ¿Que pasos considerades que deberían dar? ¿Como completar os seus estudos? Que outros consellos lles darías?

O mundo da comunicación dixital está petado de xente; á súa vez, hai moitos profesionais traballando sobre o concepto de Identidade Dixital; a clave está en segmentar o mercado, encontrar nichos e buscar océanos azuis.

Na nosa opinión, para traballar con arquitectos de xeito serio, convén ser arquitecto. A outra opción é provir do mundo da comunicación e meterse de cheo na arquitectura; o cal é moito máis difícil!! Así que, animariamos outros arquitectos a internarse nos campos da Identidade Dixital. Iso si, tenche que gustar moito, pois hai que meter centos de horas para formarte ben, e botarlle toda a paixón do mundo. No noso caso, estes novos sendeiros gústannos tanto ou máis como proxectar arquitectura; así que, dalgún xeito, somos moi afortunados.

¿Credes que os arquitectos en España deberiamos seguir abrindo novas vías de traballo para saír da casa máis “tradicional” de proxectar dada a actual situación da construción no noso país?

É importante que as propias Escolas aposten por un cambio radical e sexan máis conscientes de que a crise e as Novas Tecnoloxías cambiaron a realidade de xeito drástico. Polo tanto, terá que haber un grupo de arquitectos que poida seguir facendo arquitectura, digamos, máis “tradicional”; pero, outros moitos arquitectos han de buscarse os garavanzos na periferia da arquitectura ou usar as virtudes que temos polo feito de ser arquitectos para internarse noutros terreos laborais.

A nova era dixital vai a toda velocidade e quen non se suba ao carro xa, vaino ter moi complicado logo. Á súa vez, os que continúen pensando que poden competir por un anaco do pastel contra outros 100 compañeiros, tarde ou cedo, palmarana. Renovarse ou morrer.

¿Que opinades dos que se foron a traballar ao estranxeiro?

O maior tesouro dun país é o seu capital humano. Non obstante, entre recortes e políticas de austeridade estase a conseguir que moita xente non vexa outra opción e se teña que ir fóra. Os que se van, a diferenza doutras épocas da historia, en mucos casos, son os mellores. Estamos a facer o ridículo e aínda que, co tempo, medio saiamos da crise, todo isto pagarémolo de sobra. Mentres tanto, outros países, como Alemaña, aprovéitanse de todo o diñeiro investido polo noso estado na formación dos que agora se teñen que ir. No caso dos arquitectos, todo iso elévase á máxima potencia.

A culpa do éxodo, por suposto, non a ten quen se vai, que normalmente o fai con gran pesar; senón os que están a controlar o cotarro mentres seguen vivindo como marqueses.

Chuck Norris #NOalaLSP | stepienybarno

¿Como vedes o futuro da profesión?

Os nosos representantes non parecen que o fixesen especialmente ben e, se a situación xa de por si é complicada, a ausencia de accións ilusionantes e eficientes que cheguen dende arriba, fai que esteamos na corda frouxa.

Á súa vez, a nosa é unha profesión que ata hai catro días vía con malos ollos facer publicidade do seu traballo; de feito, durante moitos anos estaba prohibido.

Que debese haber honorarios mínimos… seguramente si, e todos competiriamos en igualdade de condicións, pero non os hai; así que, toca espertarse.

Non tenemos mentalidade empresarial e é unha loucura que os estudos de arquitectura sigan vendo como ideas malditas, palabras como empresa ou mercadotecnia. Ou nos poñemos as pilas ou non seremos capaces de buscar ningunha vía de saída profesional para o colectivo.

Necesitamos un cambio brutal que case seguro non virá dende arriba. Á súa vez, Luis de Guindos está a punto de poñernos a puntilla cunha lei estúpida que non fará máis que empeorar a situación para todos, incluída a sociedade á que se supón que debese protexer.

Aínda así, como ben di Bauman, aínda que non hai ningún motivo racional para ser optimita; nós non perdemos a esperanza e empeñámonos en soñar cun mundo mellor no que a arquitectura e os arquitectos ocupen un papel destacado.

Stepienybarno · Identidade dixital

Xaneiro 2014

stepienybarno en linkedin

stepienybarno en twitter

stepienybarno en facebook

Artigos relacionados:

Proyectos de identidad digital de arquitectura

Visibilidad de los arquitectos en la era digital

¿Estudios de arquitectura o empresas de arquitectura?

Entrevista realizada por Ana Barreiro Blanco e Alberto Alonso Oro. Agradecer a Agnieszka e Lorenzo o seu tiempo e predisposición con este espazo.

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, Ana Barreiro Blanco, baliza

Tags: , , , , , , , , , , ,