Sorteo · Curso online de Identidade Dixital para arquitectos (3ª edición)

Dende o blog de arquitectura Stepienybarno cóntannos que poñen á disposición dos lectores de Veredes unha asistencia gratuíta para o novo curso sobre Identidade Dixital que montaron, enfocado exclusivamente para, nós, os arquitectos.

Trátase da terceira edición e, polos comentarios dos alumnos das edicións precedentes, o curso é moi práctico e doado de realizar.

Así, se es arquitecto e che interesa mellorar a túa presenza na rede, este pode ser o teu curso. Tamén, sinalar que ten un horario flexible e se realiza totalmente online durante dous ou tres horas ao día, nas seguintes datas: entre o 01 de xuño de 2015, luns, e o 12 de xuño de 2015, venres.

“Horario relativamente flexible, aínda que fai falta aproximadamente unha dispoñibilidade de 3-4 horas ao día por parte do alumno durante os nove días do curso. Así, o tempo óptimo mínimo de traballo por parte dos estudantes será de 30 horas lectivas.

Cada día, a primeira hora da mañá, subministrarase o material necesario e traballarase intensamente ao longo do día na comunidade online, grupo de facebook e correo electrónico cos alumnos. A nosa dispoñibilidade durante estes días será absoluta.”

Polo tanto, entre todos aqueles que deixedes un comentario definindo nunha frase o que se podería entender, na vosa opinión, por Identidade Dixital, sortearemos unha praza gratuíta.

O prazo para participar no concurso é dende hoxe luns 20 de abril ata o domingo 26 de abril ás 24 horas.

Acceder á información detallada do curso.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , ,