sobre mesas & outras cousas


O novo deseñador vigués, afincado en Londres, cun traballo que está extensamente publicado e exposto en todo o mundo, inaugurará cunha conferencia, a súa exposición de mobiliario e obxectos sobre mesas & outras cousas.

Como homenaxe á súa terra de procedencia, e coa complicidade da Empresa SIRVENT, quixo afrontar o proxecto da serie de mobles VAL DOMINGO BARCO, con procesos produtivos e materias primas autóctonas, como a madeira de castaño e o granito, con acabados naturais traballados artesanalmente por profesionais cualificados, coa pretensión de conservar a nosa identidade, os recursos naturais e a man de obra especializada dos oficios habituais do noso ámbito.

A exposición permanecerá aberta en Espazo SIRVENT dende o día da inauguración, ata o próximo día 20 de Xuño de 2.014.

Espacio Sirvent na súa busca continua de persoas relevantes dedicadas ao deseño, presenta o traballo do deseñador industrial vigués afincado en Londres, Tomás Alonso.

A exposición presenta o seu traballo dende tres ángulos diferentes, pero cun enfoque común; o de crear obxectos sinxelos e funcionais cun profundo respecto polo contexto que os rodea, dende a súa concepción, á súa vida connosco os que os usamos, pasando pola súa produción, completamente intrínseca á súa estética.

Por un lado a colaboración con empresas – neste caso centrada nos sistemas de mesas e estantes Offset deseñados para a empresa italiana Maxdesign. Xunto a eles preséntanse os tallos 5º deseñados para a alemá Nils Holger Moormann, ou os percheiros de parede e táboas de cociña para ACE, nova empresa suíza ou os colectores Euclid para Praxe.

Por outro lado, contamos con algúns traballos que o deseñador realiza de modo máis experimental, xa sexa con materiais, ou procesos de produción, e que se materializa en prototipos ou en obxectos de produción artesanal realizados en pequenas edicións que normalmente se venden a través de galerías de arte.

E por último temos a presentación da serie Val do Barco, unha pequena colección de mesas producidas en colaboración exclusiva con Sirvent e que se basea nun interese común polos materiais e procesos produtivos autóctonos do ámbito no que nacen, neste caso Galicia, unha homenaxe á súa terra de procedencia, no que o granito de Vincios e a madeira de castaño de Lalín son traballados artesanalmente por profesionais cualificados e rematados de xeito natural, reinterpretando a tradición, coa pretensión de conservar os recursos naturais e a man de obra especializada dos oficios habituais da nosa rexión.

O seu traballo tamén pode verse nas tendas que deseñou para CAMPER, en diferentes cidades e países, con quen inaugurará o próximo mes de Xuño, outro espazo en Tokyo.

Tomás Alonso (Vigo, 1.974)

Nado en Vigo, Tomás Alonso estivo a viaxar dende os 19 anos para perseguir a súa carreira como deseñador. Viviu, estudou e traballou en EUA, Italia e Australia antes de trasladarse a Londres para completar un máster no Royal College of art.º En 2006 co-fundou o colectivo de deseño OKAYstudio xunto a outros 5 graduados do RCA.

O seu traballo foi extensamente publicado e exposto en todo o mundo; dende o Design Museum ou Aram gallery en Londres a galerías e exposicións en Italia, España, Francia, USA, Canadá ou Xapón. Entre outros premios, foi elixido como Deseñador do Ano 2013 pola revista AD en España, Novo Deseñador do Ano por Elle Deco Japón en 2012 e Elle Deco España en 2011.

A súa práctica, con base no Noroeste de Londres, desenvólvese en mobiliario, produto, iluminación, interiores e deseño de exposicións e os seus clientes van dende produtores internacionais a selectas galerías de deseño e museos.

Combina su investigación y trabajo de diseño comercial con, ocasionalmente, docencia y talleres; lo más reciente como profesor del Master de diseño de producto en ÉCAL en Lausanne, Switzerland.

+ tomas-alonso.com

Exposición e conferencia

TOMÁS ALONSO en Espacio SIRVENT

Inauguración 15 de Maio a las 20,00 horas,

Vigo, Galicia, España

15 de Maio – 20 de Xuño de 2.014

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , ,