Cadeira vermella e azul. Gerrit T. Rietveld | Borja López Cotelo

Gerrit T. Rietveld
Gerrit T. Rietveld | Fonte: archsarp.pl

En 1917 a cartografía da nova Europa debuxábase ao ritmo dos canóns aliados. Gerrit T. Rietveld, ocupado no traballo cotián do seu taller de mobles en Utrech, permanecía alleo a esta realidade. El prefería debuxar os planos dunha nova cadeira.

Gerrit T. Rietveld traballaba no taller do seu pai desde o ano 1900. Con doce anos abandonara a escola primaria e comezara a súa relación co deseño de mobles. Os cursos nocturnos de debuxo na Kunstindus- Trieel Onderwijs der Vereeniging e os posteriores estudos con P. J. C. Klaarhamer espertaron en Gerrit T. Rietveld o interese pola arquitectura e as artes aplicadas. A atmosfera en Holanda durante esas primeiras décadas do século XX estimulaba as novas procuras estéticas, nun país cuxas vangardas preconizaban o colapso dos antigos modos de facer baseados na inspiración histórica e naturalista.

Gerrit T. Rietveld | Fuente: http://contenporany.galeon.com/album1339434.html
Gerrit T. Rietveld | Fonte: contenporany.galeon.com

Unha cadeira non parecía encaixar neste clima de catarse artística. Vilmos HuszárAntony KokJohanes Jacobus Pieter OudPiet Mondrian e Theo van Doesburg fundaron a revista De Stijl en 1917 coa vontade de atopar novas vías de expresión adaptadas á súa época. O seu primeiro número contiña o manifesto neoplasticista –era época de grandes manifestos, nas artes e na guerra- eloxio da orde xeométrica, as cores puras e a integración disciplinar. Ese mesmo ano, Gerrit T. Rietveld ultimaba a súa cadeira vermella e azul, que entón aínda non tiña cor.

‘No fondo, sentar é unha actividade sinxela’,

escribiu Gerrit T. Rietveld en 1930. Por iso sorprendíalle que –a diferenza doutros obxectos como a bicicleta ou a culler, que parecían atopar a súa forma óptima- a cadeira non fose aínda resolta de maneira satisfactoria.

Silla roja y azul. Gerrit T. Rietveld Borja López Cotelo cubierta-primer-numero
Cuberta de primeiro número

‘A cadeira non necesariamente debe ser unha representación da idea de sentar, senón que a cadeira é coma se fose a parte inferior dun home sentado, a prolongación dunha áxil espiña dorsal; por iso a súa estrutura non se ha resolvido tan facilmente…en cada período isto realizouse de forma diferente. Desta maneira xurdiu unha enorme variedade de tipos de cadeiras’.

Así que a cadeira vermella e azul quixo ser a cadeira da súa época, e –deliberadamente ou non- o foi tamén do seu lugar. Foi a cadeira do neoplasticismo, da Holanda vangardista do inicio do século XX. A súa estrita configuración xeométrica e a súa rigorosa xerarquía cromática –negro para o esqueleto, amarelo para os cantos das pezas que o compoñen, vermello e azul para as superficies de asento e respaldo- fan da cadeira outro manifesto neoplasticista, máis elocuente que aquel publicado no primeiro número de De Stijl.

Silla roja y azul. Gerrit T. Rietveld Borja López Cotelo Destijl_anthologiebonset

Gerrit T. Rietveld concibira a cadeira sen cor, e só máis tarde comezou a experimentar con este novo factor: os primeiros intentos con branco, gris e negro foron máis tarde –debido en parte á influencia de Piet Mondrian- substituídos polo definitivos vermello e azul, inalterados desde 1918.

A cadeira converteuse entón no primeiro ensaio tridimensional dos postulados neoplasticistas, que ata ese momento non se emanciparon dos lenzos de Piet Mondrian e os seus compañeiros. O deseño da vermella e azul respondía tamén a outra premisa: a facilidade de montaxe e a posibilidade de produción en serie, evidenciando así unha vontade de ‘arte aplicada’ que saciaba a orixinaria aspiración do grupo de Leiden.

Silla roja y azul. Gerrit T. Rietveld Borja López Cotelo Silla roja y azul

Pero a cadeira vermella e azul non é un cómodo asento onde arrellanarse, pois o corpo humano –a diferenza dela – non está feito de liñas rectas e planos secantes. Gerrit T. Rietveld nunca aspirou a iso, senón a levar a nova arte a un obxecto cotián.

A cadeira vermella e azul non se ampara na ergonomía para xustificarse. A forza motriz no nacemento este obxecto parece ser en cambio o inconformismo, o hastío cara ao xa visto que recoñecemos nun acorde inaudito, nun trazo novo ou no penalti insolente inventado por Panenka. Quizá porque Gerrit T. Rietveld debuxouna mirando cara adiante. Sen volver a cabeza.

Borja López Cotelo. Doutor arquitecto
A Coruña. agosto 2011

Notas:

RIETVELD, Gerrit Thomas en Gerrit Th. Rietveld, 1888-1964. Madrid, Ministerio de Obras Públicas, Transporte y Medio Ambiente (1996), pág. 7

Borja López Cotelo

Borja López Cotelo, arquitecto por la ETSAC desde 2007, y doctor por la UdC desde 2013.

follow me

Arquivado en: Borja López Cotelo, capturas, diseño

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,