Shave the Sailor. Barbeshop N8L2 | V&Ba estudio

Shave the Sailor. Barbeshop N8L2 V&Ba estudio o7 Exto1

Refinado e con carácter.

Entre o bruto e o delicado atópase a nosa última reforma interior.

Shave the Sailor é unha barbería situada en pleno centro de Vigo e de inspiración naval por influencia dos estaleiros da ría.

Un espazo de apenas 55 m2, totalmente optimizado que acolle unha zona de traballo para 3 butacas, un mostrador-bar, un gardarroupa, un office, lava cabezas, aseo e almacén. O local está moi estudado, de tal maneira que cada metro cadrado esprémese ao máximo co fin de sacarlle o maior rendemento sen restar sensación de amplitude.

Mediante unha tabiquería mínima de bloques de formigón, que non chegan ata o teito, delimítanse os espazos máis privados. Mentres, unha pel máis flexible e de carácter semi-transparente e metálica, define o resto de zonas creando un xogo delicado de transparencias e relacións visuais entre as diferentes áreas.

O metal, o formigón e o viroc son os protagonistas do local. O seu acabado ao natural e en bruto intensifican o aspecto final de taller-laboratorio, e avivan a atmosfera garage e industrial tan masculina e desexada polo cliente.

Unha das singularidades da barbería é o tratamento e integración da luz. A iluminación, xusta e necesaria, axudounos a crear e acondicionar os ambientes de cada fase do proceso de corte e coidado, outorgar a privacidade imprescindible, e a sensación de confort indispensable. Por iso, tanto a colocación das luminarias, a selección da temperatura de cor e a intensidade luminosa mídense segundo as necesidades de cada punto.

Obra: Shave the Sailor. Barbeshop N8L2
Autor V&BA estudio (Elena Gimeno)
Emprazamento: Rua Eduardo Iglesias nº8 L2, Vigo
Ano: 2017
Superficie Útil Total: 55 m²
Superficie Construida Total: 65 m²
Fotografía: Nacho Morán
Colaboradores: Maria Pintos Pavón
Construtora: Construcciones Castro Figueiro S.L.
+ vandba.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento terciario, obras, reforma interior

Tags: , , , , , , , , , , , , ,