Sergio de Miguel

O arquitecto da soidade | Sergio de Miguel
19-06-2015 Un comentario

O arquitecto da soidade | Sergio de Miguel

Souben del por casualidade. Arquitecto de París, tivera a oportunidade de traballar nos seus anos de formación con Le Corbusier, alá polo primeiros cincuenta. Na época da Unidade de Habitación de Marsella ou a Capela de Ronchamp. Agora atópaselle nunha illa do Mediterráneo, nunha casa feita por el fai xa vinte anos. Unha casa, dixéronme, auto suficiente. Era verán, estaba […]

O primeiro Le Corbusier | Sergio de Miguel
15-05-2015 44 comentarios

O primeiro Le Corbusier | Sergio de Miguel

A traxectoria dos primeiros anos de Le Corbusier como arquitecto, nas primeiras décadas do século XX, estivo dedicada case con exclusividade á investigación en torno ao tema da vivenda e caracterizouse por estar infestada de procuras e achados, de invencións e redefinicións, que tiveron unha gran importancia non só na súa arquitectura posterior senón, ademais, na de moitos dos seus […]

A montaña habitada | Sergio de Miguel
17-04-2015 26 comentarios

A montaña habitada | Sergio de Miguel

1. O homo sapiens, o ser humano, leva 200.000 anos sobre a terra, aínda que dalgunha maneira a nosa historia poida que comezase fai tan só 30.000, nese remoto instante no que un primeiro antepasado sentiu a necesidade de representar, exteriorizar e plasmar o seu pensamento, naquel momento en que a súa intelixencia soubo traspasar o límite animal e actúo […]

A favor da perplexidade | Sergio de Miguel
13-03-2015 Sen comentarios

A favor da perplexidade | Sergio de Miguel

Entre a ignorancia e a certeza, entre o escepticismo e o dogmatismo, existe un territorio, unha perturbación moi fértil. Sutil. Tensa. O estado mental máis afortunado do complicado xogo de propósitos, vaguidades, preferencias, cálculos e sentimentos en que se converte toda busca creativa. Toda actitude vital. Trátase dun suspiro interno, animado pola dúbida, a sorpresa e o asombro. Polo método, […]