Semana da arquitectura 2012 A Coruña · O arquitecto: axente transformador da cidade

Con motivo da celebración o próximo 1 de Outubro do Día Mundial da Arquitectura, baixo o lema “O arquitecto: axente transformador da cidade”, levaranse a cabo durante toda a semana unha serie de actividades culturais englobadas dentro da SEMANA da ARQUITECTURA 2012, co fin de achegar a arquitectura á cidadanía e ofrecer un lugar para o debate e a reflexión.

LUNS 1. DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA-. 13.30 H.

Visita aberta ao público ao edificio da Lonja de Gran Sol, no porto da Coruña, que estará guiada e comentada por D. Fernando Agrasar Quiroga, director da E.T.S.A de A Coruña.

MARTES 2. CONFERENCIA “A FACHADA OCULTA. ARQUITECTURA DA SEGUNDA MODERNIDAD NA CORUÑA”. 20:00H.

Sala de Cultura da Delegación do COAG (C/ Federico Tapia 62, Baixo).

Conferencia impartida por D. Antonio S. Río Vázquez, arquitecto e profesor na ETSA da Coruña, sobre a arquitectura coruñesa dos anos 50 e 60, centrándose en obras proxectadas por arquitectos que asumen a modernidad dun xeito crítico e reflexiva, configurando coas súas obras unha nova fachada urbana.

MIERCOLES 3.

“A CORUÑA , UNHA CIDADE EN DESENVOLVEMENTO”. 20:00H.

Sala de Cultura da Delegación do do COAG (C/ Federico Tapia 62, Baixo).

A Delegación do COAG na Coruña en colaboración co CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) presenta unha sesión de proyeciones de documentales de Ramón Sáiz da Hoya, que dan unha visión da nosa cidade na época do “desarrollismo”, con introdución a cargo de D. José Manuel Sande, programador do CGAI e da Filmoteca de Galicia.

Proxectaranse os seguintes documentales:

– “A Coruña, cidade na que ninguén es forastero” [Ramón Sáiz da Hoya, 1965, 20′]

– “Así crece unha cidade” [Ramón Sáiz da Hoya, 1967, 14′]

– ”Accesos á Coruña” [Ramón Sáiz da Hoya, 1971, 11′]

“UNIDADE VECINAL Nº3” CHARLA DE D. MIGUEL TOBA BLANCO

Tralas proxeccións dos documentales, terá lugar unha charla impartida por D. Miguel Toba Branco, arquitecto e autor do libro “Unidade Vecinal Nº3”, sobre o edificio de vivendas de Jose Antonio Currais no Barrio das Flores, Elviña.

XOVES 4. TALLER DE ARQUITECTURA PARA NENOS. “IMAXINA O teu BARRIO”. 17:30H.

Sala de Cultura da Delegación do COAG (C/ Federico Tapia 62, Baixo). Duración 2,5 h.

Como é o barrio no que vivo?, gústame?, boto algo en falta?, que cambiaría?, é sostenible?. Tomamos estas preguntas como punto de partida, imaxinaremos, pintaremos e montaremos o barrio no que nos gustaría vivir. Desenvolvido pola Casiña de Lucas e a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

VENRES 5. INAUGURACIÓN EXPOSICIÓN “ARQUITECTURA CONSTRUCTIVISTA EN MOSCÚ 2012″. 20:00H.

Sala de Exposicións da Delegación do COAG (C/ Federico Tapia 64, Baixo).

A exposición recolle imaxes de 30 edificios, unha pequena parte das máis de 500 obras de vanguardia catalogadas, só na cidade de Moscú. Obras de A. Shchsev, G. Yakovlev, I. Frantsuz, I. Rerberg, I. Fomin, G. Barkhin, S. Chernyshev, N. Volkov, V. Bibikov, Ostrovskiy, S. Kozlov, I. Nikolaev, N. Travin, B. Blokhin, I. Yozefovich and “ASNOVA” Group Members, G. Volfenszon, I. Golosov, S. Pen, M. Barshch, M. Sinyavskiy, N. Ladovskiy, V. Shukhov, deténdonos en K.S. Melnikov, o mestre máis internacional dentro desta pléyade xenial de arquitectos.

Complétase esta visión, coa elaboración por parte de alumnos e profesores da ETSA da Coruña, de 5 propostas de rehabilitación do máis famoso club obreiro de Melnikov, o Rusakov; e 3 de homenaxe ás ensoñaciones do mestre para o “Parque da Cultura”, hoxe Parque Gorky.

+ programación

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: cine, conferencias, cursos-talleres, evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , , , ,