Ribadeo accesible | Abalo Alonso Arquitectos

Ribadeo é unha vila mariñeira duns dez mil habitantes situada na fronteira entre Galicia e Asturias cun casco histórico protexido e un bordo marítimo de certo interese.

O desnivel entre ambos os dous, de máis de trinta metros en pouco espazo, dificulta a comunicación entre ambos os dous e favorece a marxinación de certas áreas situadas en fondo de saco.

A nosa proposta formula un elemento de conexión na rótula entre ambos os dous mundos que favoreza a comunicación.

Unha carcasa de formigón negro con textura de lousa contén un ascensor panorámico coas súas escaleiras asociadas.

Na base unha pequena caseta de información e control; no alto trabállanse as pendentes que rodean o adro da capela da Atalaia e a antiga muralla para favorecer a accesibilidade. Algunhas sinalizacións lineais matizan a iluminación existente nesta zona.

No ascensor, pequenos leds de cortesía.

Formigón, pedra e aceiro completan unha paleta de materiais austera, con vocación de integración, cual se unha torre grande da antiga muralla fose, pero sen renunciar ao carácter representativo que unha actuación urbana e paisaxista como esta debe ter. Á fin e ao cabo é o “edificio” máis alto da vila.

Obra: Ribadeo accesible. Conexión e accesibilidade entre o casco histórico e o bordo litoral

Proxecto e dirección: abalo alonso arquitectos. Elizabeth Abalo, Gonzalo Alonso.

Colaboradores: Carlos Bóveda, arquitecto. Juan A. Pérez Valcárcel, Dr. Arquitecto. Cálculo de estructuras.

Promotor: Concello de Ribadeo. Ministerio de Medio, Medio Rural e Mariño.

Contratista: Dragados. Delegado Vicente Delgado. Xefe de obra, Antón Laxe

Inicio-finalización: Concurso de ideas 2005. Proxecto 2006. Fin de obra 2010.

Fotografía: Héctor Santos-Díez | BISimages

+ abaloalonso.es

· Reconoñecementos:

Premio RIUSO 02. Regenerazione Urbana e Sostenibilita. Bologna. Italia 2013.

Finalista XIV Premios Colexio Oficial de Arquitectos. Santiago de Compostela 2011

Preseleccionada 6º Premio Europeo da Paisaxe Rosa Barba. Barcelona 2010.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, espacio publico, intervención urbana, obras

Tags: , , , , , , , , ,