Revisións | Antonio S. Río Vázquez

5 (100%) 1 vote

Manuscrito de Marcel Proust (Biblioteca Nacional de Francia)
Manuscrito de Marcel Proust (Biblioteca Nacional de Francia)

«O texto reclama e pide unhas tesoiras para que o corten en anacos e o recompoñan noutro texto desprazando un pouco máis alá. Despois, como cando se fai un bo destilado ou un queixo, colócase o texto coidadosamente nun caixón e ao cabo dun tempo sácase para sometelo ao intento de ver as súas liñas dende outro ángulo, distinto ao con que o viamos antes».

Bohumil Hrabal (Cit. en Escribir é un Tic)

Sendo estudante tiven a oportunidade de visitar as  dúas vivendas que Francisco Cabrero proxectara para a súa familia na urbanización madrileña de Porta de Ferro. Percorrer entón as casas e o estudo do arquitecto cunha compañía inesquecible ensinounos moito máis que as clases e os libros vistos ata o momento.

A mesma visita, anos despois e en solitario, cambiaría completamente. Xa non se trataba do descubrimento inicial, se non doutro tipo de busca, de análise, de revisión sobre o estudado e vivido previamente. Cabreiro, gran viaxeiro, percorreu varias veces os lugares que máis lle interesaban para os seus Catro Libros de Arquitectura, empleando el viaje como método de conocimiento:empregando a viaxe como método de coñecemento:

«Viaxo para comprender»,

dicía. Outro mestro de l arquitectura, Mariano Marín, mecomentábame:

«Cada vez viaxo a menos lugares pero mais ós mesmos»:

a visita, a viaxe, converteuse nunha revisión do aprendido.

Dende Veredes formuláronme reescribir un conxunto de textos que realizara hai tempo para o meu blogue. Tratábase dunha proposta suxestiva, pois aínda revisando varias veces os meus escritos, nunca o fixera unha vez rematados. Os nove textos escollidos foron aparecendo mes a mes ao longo deste curso, pechándose co que hoxe se publica.

Algúns autores afirman que escribir é reescribir e é, nesa revisión continua do escrito, onde posiblemente encontremos unha analoxía máis próxima ao proxecto de arquitectura, en permanente construción inmaterial ata que se fai realidade ou se abandona. Cando o embaixador de México en Arxentina Alfonso ReyesAlfonso Reyes lle preguntou a Borges

«Por que publicamos?»,

el respondeu:

«Reyes, para deixar de corrixir».

A entrega do proxecto para a súa materialización significa, a pesar da súa dificultade e da aparición de novas preguntas, o final dunha grande etapa de correccións permanentes.

A velocidade do mundo contemporáneo reduciu drasticamente os prazos das revisións, dándolle á palabra un carácter máis negativo. Xa non se percorren con calma os mesmos lugares, non se dedica o tempo suficiente a repasar o realizado ou a recoñecer os erros. Xa non «se ve con atención e coidado», como advirte o dicionario da Real Academia Española. O escritor checo Bohumil Hrabal foi máis alá, facendo mesmo un eloxio da revisión:

«Logo, un bo día, estás a volver da cervexaría ou indo cara a alí, ou tes unha cervexa diante, e de pronto oes detrás de ti, ou na mesa do lado, un suceso, e o sorriso debúxasete na cara; ninguén sabe nada, só ti sabes que esa é a última pedra, a última tesela dun mosaico que xa está completo, non se pode engadir nin quitar nada, está listo, rematado, asinado; pero con iso tamén está xa morto, porque acabou de divertirche».

Antonio S. Río Vázquez . Doutor arquitecto
A Coruña. agosto 2015

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río, faro

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,