A forma do local, resultante da unión de dous baixos, e os accesos condicionan a disposición final das diferentes zonas. No programa de necesidades requiríase unha cociña moi ampla que, como premisa, debía quedar aberta ao comedor. A primeira decisión pasa por situar eésta e un pequeno reservado na zona que se corresponde co local orixinalmente máis amplo, reservando o que conta con tres fachadas para a sala.
O que unifica a zona de comedor é o tratamento diferenciado do segundo falso teito de láminas de madeira e o revestimento perimetral interior do cerramento de fachada; trátase dun trasdosado formado por taboleiros de madeira de piñeiro sen lixar que, nos ocos, transfórmase en contraventanas corredeiras que permiten posicións diversas. Desta forma, ademáis de reforzar a continuidade espacial do comedor, contribúese a mellorar notablemente o acondicionamiento acústico e térmico, elimínase unha referencia tan directa á ríxida composición exterior de ocos, permitindo múltiples variables no que se refire a iluminación natural e vistas, e conséguese unha escala máis agradable, ao compoñer este alzado interior de acordo cunha altura inferior á esixida para o teito do local.
Na zona de acceso público disponse un vestíbulo acoutado agrupando en torno a él unha barra de servizo de sala, un moble de apoio e os aseos. Orixínase así, un tamiz entre a recepción e o resto do local. Así mesmo, constrúese un filtro entre a cociña e o comedor mediante a combinación de tabiquería e mobles de servizo.
Proxéctase un foso perimetral no revestimiento de madeira co que se resolve a luz de ambiente. Unha colección de luminarias suspendidas orientables, con regulación independente, resolven a iluminación principal de cada unha das mesas.
En relación coa idea do cliente de servir unha cociña de autor baseada no produto galego e nas súas formas tradicionais de presentación e consumo deséñanse individualmente cada unha das doce mesas de madeira do comedor.
Obra: Restaurante Pedro Roca
Autores: ARKB – arrokabe arquitectos
Colaboradores: Manuel Pombo Nartallo
Instalacións: Inous, enxeñería global
Emprazamento: Santiago de Compostela, A Coruña, Galicia, España
Ano: 2008
Fotografía: Bernardo Diéguez, Fuco Reyes
Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.