Restaurante 1764 | CREUSeCARRASCO

4 (80%) 1 vote

Restaurante 1764 CREUSeCARRASCO o1 croquisRAMON

A partir duns estupendos esbozos e ideogramas en planta feitos polo propietario, a maior dificultade para el é situar a escaleira que, como en moitos casos, é a clave dos proxectos de pequena dimensión.

1764 é a inscrición que hai no dintel da porta, o seu ano de construción.

Trátase dunha das casas máis antigas da vila, edificada entre medianeiras, cuberta de tella a dúas augas e unha enorme cheminea de pedra.

Restaurante 1764 CREUSeCARRASCO o16 Exto1

Situamos a escaleira no centro, entre os espazos servidores e servidos. En planta baixa, separando o espazo de tapeo dos aseos e a adega. En planta alta, entre comedor e cociña, conectados a ambos os dous lados por dúas pequenas pontes de chapa que resolven axustes de cota motivados polo desnivel das rúas.

Sobre a escaleira, a cumbrera, onde se abre un lucernario estreito corrido que se descolga como unha campá, limitado cara ao interior por panos brancos de taboleiro que enlazan co teito do comedor e a cociña.

A luz rebota neste prisma branco e deslízase polas paredes ata a planta baixa.

A súa estrutura vese, volvendo desde o interior cara aos panos inclinados de cuberta, servindo de soporte a un piso suspendido e estantes a través dos que a luz se tamiza ao comedor e a cociña.

Así, o restaurante continúa baixo cuberta, o seu reservado, biblioteca e oficina.

No centro a invención, o resto, máis ou menos o que había.

Obra: Restaurante 1764
Arquitectos: Juan Creus e Covadonga Carrasco / CREUSeCARRASCO
Colaboradores: Roi Feijoo, Estefanía Vázquez, Belén Salgado, Bárbara Mesquita
Promotores: Ramón Vázquez e Margarida Maceira
Data de Proxecto: 2004 / Obra: Marzo 2008 Febreiro 2010 /Apertura: Xuño 2017
Superficie útil: 128,70 m2 / Superficie construida: 174,30 m2
Emprazamento: Corcubión, A Coruña, Galicia, España
Constructora: José Manuel Rodríguez Garrido
Carpintería: Forma (Suso, Carlos, Valentín)
Estructura / Dirección Execución: Félix Suárez Riestra
Fotografía: Luís Díaz Díaz / CREUSeCARRASCO
+ creusecarrasco.es

veredes
veredes Administrator
Surge enero de 2009 como búsqueda de satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio. Además de ofrecer la inmediatez de las noticias, se puede buscar información a través de distintas clasificaciones.
follow me

Arquivado en: arquitectura, mobiliario, obras, reforma interior, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,