Rehabilitación de vivenda para Melania e Xoaquín | Carlos Graña Ramos

A rehabilitación desta estrutura do s. XIX de catro plantas no barrio da Madalena en Ferrol, centrouse na idea de preservar a maior cantidade de elementos orixinais.

A escaleira atopábase nun estado no que custaba decidir se valía a pena conservala ou non. O mantela creou un elemento de conexión entre todas as plantas que ademais mantiña o espírito orixinal do edificio.

Rehabilitación de vivienda para Melania y Xoaquín Carlos Graña Ramos 16

En canto entras, cheira a madeira de castiñeiro e a aceite de linaza; a luz cálida e indirecta envolve todos os espazos. A paleta de materiais redúcese para subliñar a importancia das preexistencias. As madeiras tratadas ao aceite tanto nas vigas antigas, como na preciosa escaleira que espimos mostrando unha estrutura que non foi pensada para ser vista pero que é digna diso.

Abrimos ocos entre os trasdosados a través dos que se pode ver a historia do edificio, como a ampliación realizada con ladrillo de carga.

O programa é moi sinxelo: en planta baixa atópanse as oficinas dos propietarios, a planta primeira é a zona de noite para eles e para as súas dúas fillas, que gozarán desde os seus dormitorios do cheiro do azahar do naranjo que plantamos no patio. Decidimos dedicar toda a planta segunda e o baixo cuberta a un espazo aberto en planta e sección, creando unha diáfana e luminosa zona de día, buscando potenciar a relación e a comunicación dos membros da familia; o máis importante que debe dar a arquitectura.

Tiñamos a responsabilidade de preservar a arquitectura tradicional e dignificar todo o que estaba en bo estado deste pequeno edificio do século XIX de Rodolfo Ucha: a estrutura de madeira existente, a escaleira e os muros medianeiros de pedra que deron a alma á vivenda.

En resumo, este proxecto de rehabilitación busca o máximo respecto ao existente, honrando os materiais, investindo e apostando polo benestar no fogar a través dos sentidos, pola sinxeleza e a sinceridade.

Obra: Rehabilitación de vivenda para Melania e Xoaquín
Arquitecto: Carlos Graña Ramos
Colaboradores: Pablo Agulla Santos, Guillermo Pomar Blanco, Sarai Cancela Cundíns
Emprazamento: Rúa María nº 98. Ferrol (A Coruña)
Data de fin de obra: setembro 2016
Superficie Vivenda: 290.36m2
Superficie Oficinas (planta baixa): 55.72m2
Fotografía: Wifre Melendrez
+ arqsea.com

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , , , ,