Rehabilitación nave lateral do mosteiro de San Clodio en Leiro | OLA estudio

5 (100%) 2 votes

Construír un spa nunha caixa de pedra.

O actual Hotel Monumento de San Clodio en Leiro é, unha das pezas de maior relevancia dentro da arquitectura monástica galega. Anexo ao conxunto atopábanse as ruínas das caballerizas e adega. Un gran caixón pétreo con restos das bóvedas que cubrían a planta baixa. Esta ruína, impregnada de gravidade e tempo, era o escenario de inicio.

A Axencia Turismo de Galicia decide no ano 2013, acometer a súa rehabilitación como spa e completar así o conxunto. O programa é o clásico destas instalacións: vestiarios, recepción, salas de masaxes, salas de relaxación, baño turco, sauna e piscina.

Estas eran a premisa e este o resultado.

A memoria orixinal do proxecto buscaba ser moi concisa, como concisa imaxinabamos a arquitectura que debía inserirse. De modo telegráfico e directo expoñíanse, e expóñense, as ideas desta obra:

Non tocar o existente, muros de mamposteria de 1.50 m de ancho, restos das bóvedas de granito, hornacinas e ocos.

Actuar sen alterar o perímetro, inserir pezas para albergar os usos.

Recoñecer a ruína como un valor e ler o paso do tempo e o peso da arquitectura herdada.

Inserir pezas para recoller luz.

Inserir un plano de pedra escavado para a piscina.

Salientar a atmosfera herdada e levala ao seu novo uso.

En definitiva, crear un novo uso recoñecendo o que foi unha caballeriza e unha adega berce do ribeiro..

A realidade da obra levounos a simplificar a arquitectura inserida, algo que, en xeral, mellora o proxectado. Cada un dos 6 compartimentos nos que se divide o interior acolle un uso diferente e materialízase de forma diferente. A luz se atenúa desde a peza de acceso ata a peza de spa. Cada espazo gradúa a súa luz e acomoda a formalización do inserido para xerar atmosferas e escenarios diferentes para cada uso. Arquitectura lixeira en planta alta, pétrea en planta baixa.

A proposta é un percorrido para o descanso dentro desta caixa de pedra. Arquitectura ensimesmada para o recollemento. O interior busca ser claro e rotundo, tan só explota ao chegar á piscina onde, a estrutura de madeira, elévase ata converterse en lucernario. A súa forma é un desexo.

Diferente luz (natural e artificial), diferentes materiais, diferentes texturas, diferentes pavimentos, diferentes cores e diferentes escalas ao servizo do silencio e os sentidos.

Obra: Rehabilitación nave lateral do mosteiro de San Clodio,
Emprazamento: Leiro, Ourense, España
Promotor: Axencia turismo de Galicia. Xunta de Galicia.
Autor: Óscar López Alba
Aparejador: Enrique Ramos Férnández.
Constructora: copasa.
Ano: Proxecto – Xaneiro 2014 | Finalización – Xuño 2017.
Presuposto: 1.248.201€
Fotografía: OLA estudio |  Manuel G. Vicente | Héctor Santos-Diez
+ olaestudio.com

Arquivado en: arquitectura, equipamiento dotacional, equipamiento religioso, equipamiento sanitario, equipamiento terciario, obras, rehabilitación

Tags: , , , , , , , , , , , , ,