Rehabilitación de vpo en Ourense | müller.feijoo arquitectos

No interior do Casco Histórico de Ourense, a 200 metros ao sur da Catedral e a Praza Maior, atópase este edificio en esquina que a administración autonómica, entre outros inmuebles da zona, decide adquirir e rehabilitar para destinar a vivenda de protección oficial en réxime de aluguer.

Esta zona, en torno á praza da Ferreiría, é unha das zonas máis antigas, degradadas e menos coñecidas do casco histórico da cidade. Unha trama urbana que malia sufrir transformacións ao longo da súa historia, conserva as súas características herdadas da época medieval.

O proxecto de rehabilitación que se levou a cabo supón un cambio e unha mellora constructiva e tipológica importante con respecto á situación orixinal.

Ao tratarse dun inmueble en esquina, o edificio conta con dobre orientación, un valor positivo para a vivenda xa que todos os seus espazos están orientados de forma que reciben luz natural ao longo de todo o día.

Debido ás dimensións reducidas do solar (38m2), a vivenda desenvólvese verticalmente converténdose a escaleira no elemento articulador da intervención, en torno á cal sitúanse os núcleos húmidos, locais de servizo e almacenamiento da vivenda, simplificando as instalacións e configurando unha distribución ordenada que se repite en todas as plantas.

A zona de día sitúase na última planta para aproveitar as vistas e soleamiento, quedando os dormitorios nas plantas inferiores.

Constructiva e estructuralmente, empréganse materiais, sistemas e técnicas tradicionais asociadas cos oficios e o patrimonio vernáculo galego, adaptados para satisfacer as esixencias de confort actuais. Desta forma, a estrutura resólvese íntegramente con madeira laminada (sistema tradicional de vigas e pontones) e muros de carga orixinais de granito nas dúas primeiras plantas. A madeira empregada para os acabados interiores (eucalipto) e carpintería exterior (castiñeiro) é de especies cultivadas en Galicia.

Exteriormente a fachada revístese con mortero de cal natural, favorecendo a permeabilidad ao vapor de auga dos cerramientos, principalmente nos muros de granito.

Obra: Rehabilitación de VPO en Ourense

Promotor: Instituto Galego de Vivenda e Solo. Xunta de Galicia

Autores: Estefanía Vázquez Müller + Roi Feijóo Rey | müller.feijoo arquitectos

Colaboradores: Santiago García Camacho, Xoán Carlos Malvárez

Ano: 2009-2010

Emplazamento: Rúa Liberdade 24, Ourense.

Fotografías: müller.feijoo arquitectos

+ www.mullerfeijoo.com

+ premios:

– Premio Manuel Gómez Román. “Edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas”. 2011

– Obra Finalista destacada Premio Juana de Vega 2011.

– Finalista Premios de Arquitectura Aplus. Millor proxecto de Arquitectura da Vivenda da Promoción Pública 2011.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, rehabilitación, vivienda colectiva

Tags: , , , , , , , , ,