Rehabilitación de edificio para hotel na Rúa Altamira | CREUSeCARRASCO

Rehabilitación dun antigo edificio no casco histórico de Santiago de Compostela con tres fachadas que rematan unha mazá alongada e estreita.

A proposta mantén os elementos que definen a súa tipoloxía e centra a súa actuación nunha distribución sen apenas percorridos, que organiza en abano as plantas de cuartos, todas elas diferentes aínda que coas mesmas calidades de galería, balcón e superficie.

Trátase da rehabilitación dun antigo edificio no casco histórico de Santiago de Compostela. As súas tres fachadas rematan unha mazá alongada e estreita entre a rúa Altamira, a praza de santo Agostiño e o mercado. No seu día, planta baixa e primeira foron un comercio, o resto, vivendas, mesmo no baixo cuberta.

O acceso principal sitúase en rúa Altamira, case unha planta por enriba da praza do mercado. A distribución de usos complétase cun soto accesible dende o local comercial no que hai dúas grandes columnas de pedra e un pozo. O soar sobre o que se asenta o edificio está ocupado totalmente por ela e ten unha superficie de 174 m².

A proposta mantén os elementos que definen a súa tipoloxía: estrutura de forxados, posición da escaleira na medianeira, fachadas e volume.

O exterior é o que foi ata agora: cadeirado de granito, entrepanos de cachotaría tratados á vista, galerías e portas balconeras de piñeiro tea pintado e balcóns de fundición. Tamén, en certo modo, mantén a distribución orixinal dos usos: o restaurante en planta baixa, a recepción no portal de rúa Altamira e os cuartos en plantas superiores.

A intervención céntrase en tres actuacións principais: a definición dun bloque de mármore tallado que resolve e relaciona restaurante e recepción, o que permite un funcionamento moi claro entre as zonas máis públicas sen apenas recorrido; a formulación dun distribuidor en abano nas plantas de cuartos, todas diferentes aínda que con calidades similares (galería, balcón, superficie) e, por último, o tratamento da escaleira e ascensor como un único elemento translúcido que introduce luz día no espazo máis afastado das fachadas.

Permanece o pequeno soto con dúas columnas de pedra e o pozo, os enreixados, balcóns e texturas exteriores.

A cor branca utilízase como argumento de tranquilidade, a madeira de tea e freixo, de calidez no pavimento, e ambos os dous, combínanse nun mobiliario deseñado: mesas, bancos, armarios e cabeceiros gravados para que cada cuarto tamén teña no seu interior unha paisaxe diferente.

Obra: Rehabilitación de edificio para hotel na Rúa Altamira

Autores: Juan Creus e Covadonga Carrasco

Colaboradores: Belén Salgado, Felipe Riola, Estefanía Vázquez

Promotor: Hotel Pazo de Altamira S. L.

Iluminación: Chus Cela

Aparellador: Manuel Rumbo

Constructora: Estructuras Abroeira S.L.

Estructura: Félix Suárez

Fotógrafo: Héctor Santos-Díez | BISimages

Localización: Rua Altamira 18, Praza de San Agustín (Santiago de Compostela), España

Data de proxecto: Xaneiro 2006

Data fin de obra: Setembro 2009

Superficie útil: 743.14m² / superficie construida: 974.15m²

+ creusecarrasco.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamiento terciario, espacio publico, intervención urbana, obras, rehabilitación

Tags: , , , , , , , ,