Rehabilitación-ampliación de vivienda unifamiliar en Carballal | trespes.arquitectos

As necesidades mudan e os espazos deben adaptarse. A vivenda existente amplíase rehabilitando a vivenda encostada. Programa mínimo que se resolve aportando maior funcionalidade e confort á vivenda resultante; potenciando circulacións, iluminación natural e ventilacións.

Propónllenos a ampliación dunha vivenda unifamiliar.

Os condicionantes de partida son claros, unha antiga vivenda-cadra organizada en dous niveis cun volume consolidado e inalterable a efectos de normativa e de configuración do núcleo no que o seu sitúa. O seu interior frío e sombrío…. moi escuro, cun pequeno forno como único elemento capaz de sobrepoñerse ao paso do tempo.

Encostada en dous dos seus laterales, a vivenda actual, funcionando, sen conexión entre ambas.

O programa definido e sinxelo, un dormitorio, que pasará a ser o principal da vivenda, co seu baño e vestidor, e un espazo de estar-lecer que complete as zonas de día da vivenda de partida e que ademáis sirva de aloxamento dun piano.

O exercicio proyectual é el tantas veces visto dentro do mundo da rehabilitación; esculpir un volume interior, conformado, onde encaixar o programa, cun plus, o resultado final ten que funcionar como unha única vivenda.

O proxecto resólvese no momento que se decide optar por unha única escaleira para toda a vivenda, a existente, e practicar dous ocos, un en cada planta, no muro divisorio entre vivendas. O resto traballo de distribución e dimensionado das novas estancias, as cales incorpóranse ao conxunto da vivenda con naturalidade.

Dentro do espazo a tratar preténdese fuxir da frialdad e escuridade inicial esponjando o espazo. Retírase o forxado baixo un oco en cuberta, que posteriormente materialízase nun elemento horizontal traslúcido onde se situaría o piano, e que faga partícipe á planta baixa da música e dunha maior cantidade de luz. O restante elemento horizontal, un elemento opaco que sustenta o baño, o vestidor e o dormitorio.

En planta baixa espazo diáfano coa música e sobre todo a luz como protagonistas e a presenza do horno como elemento de conexión co pasado.

Sinalar que tras entrar en funcionamento a vivenda, o espazo destinado ao piano foi apropiado polos máis pequenos da casa, (e os non tan pequenos) como zona de xogo e de lectura, desprazando o piano para a planta baixa.

As necesidades cambian e os espazos deben adaptarse.

Obra: Rehabilitación-ampliación de vivenda unifamiliar en Carballal

Autor: trespes.arquitectos [Carlos Mosquera, Alberte Pérez, Enrique Iglesias]

Localización: Carballal, Teo, A Coruña, España

Colaboradores: Jorge Conde, Sheila García, Alejandra García, Ylenia López, Óscar Pérez Botana [Aparellador]

Fotografías: trespes.arquitectos [Estado Previo] | Xavier Rodríguez fotografiaemocional.com [Estado Reformado]

Ano: 2008-2010

+ trespesarquitectos.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, obras, reforma interior, rehabilitación, vivienda unifamiliar

Tags: , , , , , , , , , , ,