RE-construe ‘La Roiba’

Dentro da enseada de Bueu e moi próximo á praia de Beluso, na costa sur da ría de Pontevedra, sitúase a pequena praia de La Roiba, onde o arquitecto coruñés Ramón Vázquez Molezún (1922-1993), construíu a finais dos sesenta unha pequena vivenda para desfrute da súa familia durante o período estival. Este pequeno refuxio constitúe unha das obras máis relevantes da arquitectura moderna do século XX en España. Todo un exemplo de sostibilidade, adaptación e respecto cara ao seu ámbito e cara á escala da paisaxe, tomando como base e cimentación parte dos muros de cachotaría de granito dunha fábrica de salgaduras preexistente.

Nesta vivenda nada é convencional: a planta soto é un pañol que se inunda cando soben as mareas, as estanzas son camarotes que durante o día permanecen abertos e se conectan nun espazo unitario, diferentes sistemas de poleas abren e pechan comportas e as cubertas recollen auga de chuvia para a súa reutilización. É dicir, ‘a Roiba’ é un barco varado nas rochas da praia. Un barco que sempre abriu e sempre abrirá as súas portas a todo aquel que queira visitalo. Axúdanos para que ‘A Roiba’ poida seguir navegando.

Un informe realizado polo grupo Retineo, empresa especializada en enxeñaría e execución de obras de rehabilitación con complexidade técnica e organizativa, e experiencia en ambientes mariños, confirmou o preocupante estado da vivenda. Formúlase unha intervención en 2 fases, non alterando o deseño da vivenda e empregando materiais non susceptibles de deterioración en ambientes agresivos, de forma que a durabilidade da reparación poida alcanzar os 25 anos.

‘La Roiba’ dificilmente podería aguantar outro forte temporal como aqueles que tiveron lugar durante os dous últimos anos. Por iso, é necesario levar a cabo a FASE 1 o antes posible, unha vez finalizado o verán e antes da época de temporais que pode iniciarse a partir de outubro.

‘La Roiba’ sempre permaneceu habitada e conservada polos seus donos, a familia de Ramón Vázquez Molezún. A pesar dos seus esforzos, a necesaria reparación supón un custo que actualmente non poden afrontar. Esta vivenda sempre estivo e sempre estará aberto a todo aquel interesado en visitala.

Axúdanos a través da plataforma de crowdfunding que funcionará exclusivamente dende o 27 de xuño ata o 29 de xullo de 2014. A cambio da túa achega, ofrecemos interesantes recompensas de edición limitada e numerada que preparamos con moito cariño.

Poderás seguir os avances do proxecto, así como da reparación da ‘A Roiba’ ao longo destes dous anos a través de:

A plafaforma de crowdfunding en ‘Kuabol’ ata o 2 de agosto de 2014

Na nosa web (abrirase a volta de verán)

Facebook

Twitter

O proxecto foi desenvolvido e coordinado polos arquitectos María Vázquez Molezún, Jesús Gallo e Pablo Olalquiaga.

Colaboran no equipo aos arquitectos Nuria Prieto, Álvaro Mallo, Jorge Salgado, Borja López Cotelo, María Olmo Béjar, Alberto Alonso Oro e Ana Espinosa.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: deriva

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,