Punto de información do castro de Baroña | RVR Arquitectos

O Castro de Baroña está situado no Concello de Porto do Son (A Coruña), en terreos pertencentes á parroquia de San Pedro de Baroña. Trátase dun asentamento da Idade do Ferro que responde ao tipo de “castro costeiro”, xa que se encontra situado nunha pequena península rochosa, inserida nunha paisaxe espectacular e moi ben conservada

O punto de información concíbese para acoller a unha ou dúas persoas que atendan ao público, repartan información de man e poidan, mesmo, actuar como guías sobre o terreo para grupos programados ou que reclamen esa posibilidade.

Para o deseño deste módulo pártese de que se poida reutilizar noutro tipo de contextos, e que pase a formar parte do equipamento móbil do Concello. Esta base de partida, fai que se pense nunha estrutura o máis ríxida e lixeira posible, e que sexa un volume o máis compacto, para un doado transporte e maior durabilidade.

Coa posición desta construción, preténdese organizar o inicio do percorrido da visita ao castro, orientando os visitantes cara a unha gran rampla que os leva cara ao interior do módulo de recepción e que unha vez visitado saen del, a través doutra rampla que os sitúan nun novo acceso ao antigo camiño que baixa cara ao Castro, evitando o punto conflitivo e perigoso que existía no entroncamento do antigo camiño do Castro coa estrada AC 550, que obrigaba os grupos de visitantes a camiñar un pequeno tramo pola beiravía desta.

O módulo propiamente dito ten unha proporción en planta rectangular, disposto segundo o percorrido formulado, coa entrada e saída del nos lados estreitos, que se propoñen completamente acritalar cando estea aberto. Estas frontes péchanse cunhas grandes portas construídas da mesma forma que o cerramento exterior dándolle unha imaxe compacta. Tanto na entrada coma na saída do módulo, formúlanse uns grandes beiriles que protexan as entradas e que á vez xeren un espazo de resgardo, coa posibilidade de mostrar información cando o módulo estea pechado.

En canto a súa construción o cerramento, se formula na parte exterior por unha serie de listóns de madeira pintada dispostos en vertical, que tamizan a través deles a visión ao interior do volume, a través duns ocos horizontais, ou ben polas frontes acritalar cando o módulo está aberto.

O interior formúlase segundo o percorrido, con exposición de paneis e información a ambos os dous lados sobre as paredes, deixando o espazo interior libre para a circulación. A iluminación do interior, realízase a través de dous grandes ocos lonxitudinais, dispostos na parte inferior e superior dos paramentos verticais e dun lucernario en cuberta coas mesmas proporcións, ademais da iluminación recibida polas frontes acritalar.

O acondicionamento exterior na parcela complementarase coa construción sobre o noiro dun novo acceso ao camiño de baixada ao Castro, con chanzos de granito e coa plantación de dúas árbores de gran porte situadas próximas ás ramplas e que filtran as vistas dende o interior do módulo, cara á estrada.

Obra: Punto de información do castro de Baroña
Emprazamento: Castro de Baroña. Porto do Son. A Coruña. Galicia. España
Autor: RVR Arquitectos (Alberto Redondo+José Valladares+Marcial Rodríguez)
Colaboradores: Angel Concheiro(arqueólogo)
Data: proxecto e construcción 2013
Memoria: RVR Arquitectos
Fotografías: RVR Arquitectos
+ rvr-arquitectos.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento cultural, equipamiento dotacional, espacio publico, obras

Tags: , , , , , , , , , , , , , , ,