Proxectar a fiestra | Miguel Ángel Díaz Camacho


Croquis: MADC

A geometría do oco incide simultáneamente tanto na variable perceptiva interior–exterior, como na iluminación dunha estancia ou a propia solución constructiva da envolvente. O tradicional oco vertical, asociado á construción de muros portantes, define un limiar espacial e emocional entre a natureza exterior e o espazo interior en penumbra; o oco horizontal proposto por Le Corbusier durante os primeiros anos 20, habilita unha iluminación homogénea e brillante á vez que representa ‘a fachada libre’, o triunfo da técnica que habilita a independencia entre cerramiento e estrutura1.

A ‘secularización’ do espazo interior proposta por Le Corbusier é motivo de graves e públicas controversias, como a moi coñecida entre o propio arquitecto suizo e o que fose o seu mestre no uso do hormigón, Auguste Perret2. O intercambio de ataques viscerales ten lugar nas páxinas do Paris Journal durante o mes de decembro de 19233: mentres Perret defende a dimensión atávica do oco chegando ata á identificación antropomórfica da proporción vertical,  “A window is a man”4, Le Corbusier responde cun proxecto paradigmático cuxo único oco corresponde a unha gran fiestra horizontal: a Petit Maison a beiras do lago Leman, publicada por primeira vez no propio Paris Journal xunto a unha caricatura de Perret sentado ante o interminable oco, evidentemente horizontal, do Palais de Bois. Poderíase dicir entón

“A window is a land”

a fiestra é o home versus a fiestra é o territorio.

Merece a pena deterse nesta identificación entre home e fiestra proposta por Perret fai agora case 100 anos. A condición ergueita do corpo humano, a nosa conquista milenaria da verticalidad, recoñeceríase entón en (polo menos) dous elementos arquitectónicos fundamentais: o oco e a columna, habitantes ben definidos na arquitectura de ambos mestres5. ¿Pero seica a fiestra horizontal da ‘Petit Maison’ non supón a mellor das compañías? ¿Non debería ser a fiestra un compañeiro, un aliado sempre, un confidente do mundo? O proxecto de arquitectura consiste así na configuración dunha imaxinaria lista de invitados, a convocatoria de presenzas irrenunciables na celebración do espazo, a luz e a vida. Proxectar unha fiestra supón sempre elixir a un amigo.

Miguel Ángel Díaz Camacho. Doutor Arquitecto

Madrid. Agosto 2014. Autor de Parráfos de arquitectura. #arquiParrafos

Notas:

1 A proposta do oco horizontal moderno establece, máis aló de cuestións constructivas, lumínicas ou paisajísticas, unha profunda alteración da tradicional cultura do habitar, no sentido antropológico do término.

2 Ver Blanca Lleó, “Dos esquinas y una polémica”, Circo 41, 1997.

3 Ver Bruno Reichlin, “Une petite maison sul lago. La controversia Perret-Le Corbusier”, Lotus Internacional nº60, 1988, p. 58-83.

4 Auguste Perret. Ibídem, pág. 63.

5 Si a fiestra vertical supón a aparición dun habitante na obra de Perret, a columna interior (o piloti) supón a asistencia dun compañeiro silente e perdurable na obra de Le Corbusier.

Miguel Ángel Díaz Camacho

Doctor en Arquitectura, Decano de la Facultad de Tecnología y Ciencia UCJC. Presidente de la Asociación Sostenibilidad y Arquitectura,  perteneciente al Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España. Director de MADC Arquitectos, estudio profesional con premios en concursos nacionales e internacionales, en la actualidad desarrolla proyectos en España y Noruega. Escritor y crítico de arquitectura, es autor de los libros “Párrafos de Arquitectura. Core(oh)grafías” (2016) y “Arquitectura y Cambio Climático” (2018).

follow me

Arquivado en: artigos, Miguel Ángel Díaz Camacho

Tags: , , , , , , , , , , , ,