Procesos habitados. As arquitecturas nas que vive o outro 90%

Ven de saír do prelo este libro, que recolle as leccións, debates e resultados do curso de verán do mesmo título celebrado na Escola de Arquitectura da Universidade da Coruña en setembro de 2014 como parte das actividades do PROXECTO dHABITAT. Unha iniciativa dun grupo de profesores da ETSAC, consorciados con Arquitectura Sen Fronteiras.

PROCESOS HABITADOS foi un Curso Universitario, de apenas unha semana de duración, que pretendeu a análise das arquitecturas que non se estudan nas escolas de arquitectura. A concorrencia de profesores do propio centro e das Escolas de Maputo e Caracas así como a participación de profesionais con grande experiencia nestes temas deu lugar a unhas achegas relevantes. Con este curso, cuxos materiais e resultados aquí se publícan, o PROXECTO dHÁBITAT sitúase máis aló dos obxectivos pedagóxicos tradicionais ao servizo do exercicio profesional altamente regulado.

O texto completo, libre para a súa descarga, xunto con outros materiais está a disposición xeral na web de dHábitat.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , ,