Prezi


Prezi é unha aplicación multimedia para a creación de presentacións similar a Microsoft Office PowerPoint ou a Impress de LibreOffice pero de xeito dinámico e orixinal.

Prezi utilízase como plataforma ponte entre a información lineal e a non lineal, e como unha ferramenta de presentación de intercambio de ideas, xa sexa de xeito libre ou ben estructurada. O texto, as imaxes, os vídeos e outros medios de presentación póñense enriba do lenzo e pódense agrupar en marcos. Despois, o usuario designará a medida e a posición entre todos os obxectos da presentación e como se fai o desprazamento ente estes obxectos, así como a ampliación/afastamento. Para as presentacións lineais, o usuario pode construír unha ruta de navegación prescrita.

A presentación final pódese desenvolver nunha ventá do navegador, tamén permiten unha presentación fóra de liña, só fai falta descargarte o arquivo. Prezi utiliza un modelo freemium. Os usuarios que usen Prezi público poden editar, mostrar e descargar os seus traballos, e os que pagan poden crear, compartir e descargar os arquivos. Prezi tamén ofrece unha licenza especial para estudantes e educadores.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , , , , ,