Premio Rafael Manzano Martos 2014 (convocatoria)

PREMIO RAFAEL MANZANO MARTOS DE ARQUITECTURA CLÁSICA e RESTAURACIÓN DE MONUMENTOS 2014

O Premio Rafael Manzano Martos de Arquitectura Clásica e Restauración de Monumentos outórgase a profesionais vivos cuxa obra encarne os principios da arquitectura e o urbanismo clásicos e tradicionais no mundo contemporáneo. O conxunto da obra do candidato elixido non só debe estar dirixida á preservación e rehabilitación do patrimonio arquitectónico e urbano tradicional español, senón tamén a contribuír á continuidade das tradicións construtivas e arquitectónicas que o configuran.

O Premio toma o seu nome do arquitecto Rafael Manzano Martos, quen dedicou a súa vida profesional á preservación do patrimonio arquitectónico e urbano español a través, tanto da restauración, coma do deseño de novas arquitecturas baseadas nese patrimonio.

O Premio Rafael Manzano Martos 2014 está convocado por The Richard H. Driehaus Charitable Lead Trust e University of Notre Dame School of Architecture (Indiana, Estados Unidos), coa colaboración da Real Academia de Belas Artes de San Fernando (Madrid) e FUNDACIÓN MAPFRE. O gañador do premio recibirá 50.000 euros e unha placa conmemorativa.

Os candidatos deberán presentar antes do 23 de maio de 2014 a documentación.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , ,