Premio Juana de Vega de Arquitectura 2013 [convocatoria]

A Fundación Juana de Vega dedica os seus esforzos a colaborar na mellora das condicións de vida do ámbito rural galego e no respecto do seu entorno natural, e a promover a formación orientada ás actividades económicas que nel se realizan.

Neste contexto e tendo en conta que a dispersión característica das vivendas en Galicia, está levando á perda de calidade paisaxística do territorio, a Fundación, a través da Escola Galega da Paisaxe, convoca un premio anual de arquitectura coa mellor dotación dos que se conceden en Galicia.

Premiarase a mellor vivenda unifamiliar, tanto de nova planta como de rehabilitación, rematada o ano natural anterior en Galicia, segundo o criterio do xurado. Este valorará especialmente a capacidade da obra para converterse nunha referencia social que poida influír favorablemente nos tipos de vivenda que se constrúen no medio non urbano.

A esta décima convocatoria poderán concursar as vivendas unifamiliares rematadas en Galicia no 2012. A data límite de presentación dos proxectos realizados é o 31 de maio. O importe do premio é de 6.000,00 euros e o xurado poderá conceder ademais dous accesits dotados con 1.500,00 euros cada un.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , ,