Premio IE Arquitectura+

IE School of Architecture and Design convoca o primeiro PREMIO IE ARQUITECTURA+ (España 2010-14) para novos arquitectos, en busca dos mellores novos talentos da arquitectura de España, para invitalos a formar parte da próxima edición do programa de IE Master in Work Space Design ou o IE Máster in Architectural Management and Design cuxo inicio terá lugar en febreiro de 2015.

Poderán optar ao PREMIO IE ARQUITECTURA+ todos os novos arquitectos que presentasen o seu Proxectos Fin de Carreira (PFC) en calquera Escola Superior de Arquitectura de España entre 2010 e 2014 e que obtivesen unha cualificación de 7/10 ou superior. Os autores dos proxectos gañadores serán admitidos no programa de IE Master in Work Space Design ou IE Máster in Architectural Management and Design para o ano académico 2015-16 e obterán unha bolsa nas matrículas.

IE School of Architecture and Design

IE School of Architecture and Design redefine as fronteiras da formación tradicional no campo da arquitectura. Cun marcado espírito emprendedor e nun ámbito internacional, a nosa escola une dous mundos que tradicionalmente estiveron separados, o académico e o profesional.

IE dá a benvida a todos aqueles novos arquitectos que desexen afrontar novos retos e aspiren a converterse en líderes do dinámico mundo da arquitectura e o deseño.

IE Master in Architectural Management

O IE Máster in Architectural Management and Design é un programa orientado a pechar a brecha existente entre o deseño avanzado e o mundo empresarial no campo da arquitectura. Grazas á combinación única de formación en xestión e deseño avanzado, o IE Máster in Architectural Management and Design achega un coñecemento máis a fondo da relación entre a xestión empresarial e o deseño arquitectónico.

O curso non se centra soamente na empresa, posto que foi especificamente deseñado e desenvolvido para profesionais con coñecementos de principios arquitectónicos teóricos e prácticos que desexan aprender e aplicar a lóxica empresarial neste campo. Ao final do curso, os alumnos terán adquirido todos os coñecementos empresariais e de xestión necesarios para actividades profesionais relacionadas co deseño.

IE Master in Work Space Design

O IE Máster in Work Space Design é un programa innovador que aborda as implicacións do cambio nos espazos de traballo contemporáneos. O programa está deseñado para proporcionar aos estudantes as habilidades e coñecementos necesarios para entaboar relacións positivas entre o deseño do espazo, o mundo da empresa e o individuo. Mediante unha análise detallada das complexidades do espazo o programa busca proporcionar unha visión innovadora que integra a cultura empresarial e o deseño, a súa relación co branding, a eficiencia e a responsabilidade social.

O perfil innovador e pioneiro deste máster reside na combinación da experiencia empresarial de IE xunto coa capacidade investigadora do Centro de Deseño Helen Hamlyn del Royal College of Art de Londres.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, premios

Tags: , , , , , , , , , ,