Premio Enor. Exposición y conferencia

Premio Enor. Exposición e conferencia de Entresitio. ETSA. CORUÑA. 25 marzo a 26 de abril de 2010.
Conferencia xoves 25 ás 12 horas
A cuarta edición do Premio de Arquitectura Ascensores Enor tivo como xurado a Andrés Fernadez-Albalat, Francisco Mangado Beloqui, David Cohn, Javier Revillo, José Manuel Martínez Rodríguez, João Álvaro Rocha e Carlos Quintáns que seleccionaron os 38 proxectos finalistas e os seis premios nas distintas categorías.

A inauguración da exposición compleméntase coa conferencia dun dos equipos premiados: o estudo Entresitio. Entresitio gañou o premio de arquitectura de Madrid co Centro de saúde de San Blas.

A cuarta edición do premio de arquitectura Ascensores ENOR tivo como principais gañadores a Víctor López Cotelo e Juan Manuel López Funes que recibiron o Gran Premio de Arquitectura Ascensores ENOR pola súa vivenda unifamiliar no conxunto da antiga fábrica de curtidos da Ribera de San Lourenzo en Ponche Sarela, en Santiago.

O premio de Galicia foi para Enrique Rodriguez polo centro de saúde de Cotobade. Premio Castela León para Roberto Valle polo museo do Pan. o premio de Portugal para foi un ex aequo, para o Museo das Ciencias no antigo laboratorio de Química da Universidade de Coimbra, de Joao Mendes Ribeiro, Carlos
Antunes e Desiré Pedro, e o Premio Ascensores ENOR de arquitectura Nova, para arquitectos de menos de 40 anos foi entregado a José María Sánchez García polo seu Centro de Tecnificación de actividades físicas deportivas e de lecer, construído no poboado Gabriel e Galán.

+ http://tectonicablog.com

+ www.enor.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , ,