Por Partes | Íñigo García Odiaga


Towada Art Center, de SANAA

A arquitectura a diferenza doutras obras artísticas, arrastrada pola súa propia definición funcional presentouse moitas veces ao longo da historia como unha suma de pezas, de estancias ou de partes. Este sistema compositivo reaparece na arquitectura máis vangardista, que contraditoriamente fai alarde de fuxir da composición. Que dalgunha maneira o funcionalismo, é dicir a proyectación de arquitecturas mediante a unión de pezas, onde cada unha delas conta cun uso específico, xerou un método de proxectar que a percorrido e determinado a historia da arquitectura, é unha das conclusións que rapidamente se pode extraer da lectura do recente libro de Antón Capitel “A arquitectura composta por partes“.

Este sistema que se orixinou no final do renacemento, se converteu nun verdadeiro método coa arquitectura neoclásica e académica, e participou en boa medida na revolución do movemento moderno e no seu desenvolvemento posterior.

O libro describe así un percorrido pola historia da arquitectura tocando arquitectos tan dispares como Palladio ou Kahn, pasando por Le Corbusier, Alvar Aalto ou Hans Scharoun. Arquitectos todos eles influenciados polos gravados renacentistas de Piranesi que describen por exemplo a vila Adriana como unha amálgama interconectada de edificios dispares superpostos para formar un conxunto cun significado novo.

Quizáis o máis curioso desta formulación proyectual resida na súa total vixencia, xa que arquitecturas como a xaponesa o utilizan reiteradamente, facendo gala dunha arquitectura que parece non se preocupar do seu aspecto exterior e que intenta narrar a súa preocupación por temas máis contemporáneos como a sostibilidade, a funcionalidade ou a paisaxe, precisamente dende esa negación da representación do edificio.

Dalgún xeito estas arquitecturas, resultado da conxunción de elementos autónomos moi estudados e elaborados segundo o seu uso, presentan esquemas abertos nos que o edificio aparenta estar inacabado ou polo menos abre a porta ao seu crecemento mediante o engadido de novos elementos.

Isto sucede en edificios como o centro de arte Towada en Aomori, Xapón, obra do arquitecto Ryue Nishizawa, no que as diferentes estanzas do programa se van acomodando en volumes independentes que parecen estar botados de forma aleatoria sobre a parcela e que mesmo presentan estrañas relacións entre eles ao aparentar virarse as costas uns a outros. Deste suxestivo xeito o espazo “en negativo” que deixan estes elementos é dicir, os intersticios que se xeran entre as pezas así como as súas conexións, cobran un novo interese e se converten en espazos funcionais ou narrativos do edificio. Estes espazos entre as diferentes caixas convértense en patios de exposición, descanso ou traballo ao aire libre do propio centro de arte, mentres que a conexión entre os volumes resolta coa xeometría dun serpeante sendeiro acritalar deixa claro o percorrido a seguir calquera visitante e se converte no espazo de relación de todo o centro.

Estes mesmos esquemas xa foran ensaiados por SANAA, é dicir polo propio Ryue Nishizawa xunto con Kazuyo Sejima en obras como a ampliación do Museo Louvre na cidade de Lens ou o novo Museo de Arte Contemporáneo de Nova York onde o sumatorio de pezas ofrece novas variables ao levarse nesta ocasión a unha disposición vertical.

Museo de Arte Contemporáneo de New York, de SANAA

Aínda que os arquitectos defenden o modelo adoptado para o museo newyorkino dende a óptica da optimización dos espazos interiores, xa que lles permitiu introducir luces cenitais, terrazas, variacións de superficie e de proporción nas diferentes salas, é innegable a teor das decenas de maquetas da volumetría exterior desenvolvidas pola oficina, o interese deste amoreamento irregular de prismas na súa condición compositiva.

A xeometría amontoada do edificio resolve ademais da funcionalidade, a imaxe exterior da proposta que permite a inserción urbana do edificio no conxunto de Manhattan coma se dunha escultura maciza se tratase.

Outro exemplo aínda en construción desta arquitectura que poderiamos denominar por partes, é a desenvolvida polo estudo FRPO Rodrigues & Oriol na casa MO. O proxecto resolve un amplo programa de vivenda unifamiliar mediante unha colección de pezas prismáticas que se apoian no terreo de forma casual, sorteando de xeito intelixente todas as árbores do bosque de piñeiros no que se insire a vivenda.

Nesta ocasión este sistema de pezas autónomas permite ademais un alto grao de prefabricación ao incorporar na súa construción paneis de madeira contra-laminada especialmente rendibles na construción de unidades de dimensións concisas e prismáticas.

A elegancia e sutileza da inserción deste programa no lugar e a paisaxe que o rodea débese sen lugar a dúbidas ao esquema adoptado que minimiza o impacto cara ao terreo e a vexetación, restando masa á volume construído mediante a súa fragmentación.

A pesar de que a arquitectura de vangarda pareza en ocasións ensimesmada en formulacións futuristas e en formular sempre novos retos, existen arquitecturas con novos discursos que son dalgún xeito debedores de esquemas e composicións xa moi antigas, e que talvez por non facer do salto mortal un valor manteñen unha alta calidade.

Reconstrucción de Villa Adriana | Piranesi
Museo Barranca | Herzog & de Meuron
Abu 1| BIG
Hospice Søndergård | BIG
Convento de las Dominicas | Louis I. Kahn
House O | Jun Igarashi
House MO | FRPO

íñigo garcía odiaga . arquitecto

san sebastián. xaneiro 201o

Artigo publicado en MUGALARI 17.12.2010

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: artigos, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,