Plataforma de mapas da Xunta de Galicia

mapa xunta aplicación

Unha nova aplicación xa está dispoñible para obter información xeográfica de Galicia. O Instituto de Estudos do Territorio (IET), en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de estrear este novo servicio do Centro de Descargas de Información Xeográfica da plataforma de mapas da Xunta de Galicia.

Trátase dunha ferramenta orientada á descarga de mapas e de ficheiros xeorreferenciados en diferentes formatos. Nesta aplicación increméntanse en 225.298 os arquivos de información postos a disposición da poboación, pasando dos 46.945 arquivos existentes na versión anterior (que supoñían 1,1 Terabytes de información) a 272.243 arquivos (3,2 Terabytes), o que supón multiplicar por máis de cinco a información dispoñible ata o momento.

Con esta nova versión do centro de descargas de información xeográfica, trátase de acadar un triplo obxectivo:

· facilitar o uso da web por calquera cidadán;

· aumentar a información dispoñible;

· e incorporar a información en distintos formatos para o uso por parte dos profesionais.

Outras das novidades é que a aplicación é agora máis amigable, grazas á incorporación dun novo visor xeográfico no que o usuario pode buscar un ámbito territorial determinado mediante procuras por topónimo, coordenadas ou códigos catastrais.

A incorporación de miles de novos ficheiros con contido xeográfico permite actualmente o acceso e o uso público dun total de 272.243 ficheiros, entre series cartográficas en PDF (a escalas 250.000, 100.000 e 5.000), ortofotografías aéreas de distintos anos, mapas de usos e ocupación do solo en formato shapefile, ficheiros en formato ráster e ficheiros de datos LIDAR.

Esta nova aplicación supón un impulso á difusión simplificada e con alta calidade de información xeográfica, a través dunha plataforma fácil de usar que permite buscar a información segundo a necesidade do usuario, tanto de temática da información como de ámbito xeográfico. Esta plataforma poderá incrementar o número de ficheiros a descargar dun xeito sinxelo, polo que permitirá ao Instituto de Estudos do Territorio e a outros departamentos da Xunta de Galicia poñer a disposición da cidadanía a información xeográfica segundo se vaia producindo, dun xeito sinxelo é rápido.

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: aparello

Tags: , , , , , , , ,