Pedro Torrijos · Arquitecto, músico e escritor

5 (100%) 1 vote

Pedro Torrijos | Fotografía: Amalia Salvador

Nesta nova entrega de #baliza hoxe queremos presentarlles a Pedro Torrijos (Madrid, 1975) “un tipo con barba que se tira a bomba nas piscinas”.

Pedro Torrijos aos 22 anos finalizou os seus estudos no conservatorio e aparcou a trompa por outra das súas grandes paixóns, a arquitectura. Como todo bo futuro arquitecto (arquitecto pola ETSAM) desempeñou labores de maquetista, delineante e profesor, ata que exerceu como proxectista.

“Dun tempo a esta parte, cando alguén me pregunta a que me dedico, sempre contesto igual: estudei música e arquitectura, pero agora mesmo, máis que nada son escritor, que é o que creo que sempre quixen”.

Pero durante todo ese tempo, Pedro Torrijos sempre tivo unha terceira paixón, contar historias, para namorar a nena fraca, para entender o mundo ou para marabillarse del ou polo simple feito de ver sorrir á súa nai ou para recibir aplausos.

Pero durante todo ese tiempo, Pedro Torrijos siempre ha tenido una tercera pasión, contar historias, para enamorar a la niña flaca, para entender el mundo o para maravillarse de él o por el simple hecho de ver sonreír a su madre o para recibir aplausos.

Dende xaneiro de 2012 é colaborador dunha nova fornada de revistas como Jot Down, Norma Jean Magazine, iWrite y Revista Magnolia. A parte de realizar colaboracións esporádicas aquí e alá, tamén realiza traballos de índole máis persoal como poesía, contos ou novelas. É neste último campo onde actualmente se encontra en pleno proceso de desenvolvemento e da que poderedes ler algúns fragmentos na súa web.

“E creo que se verá o moito que me gusta a poesía, o que gozo coa prosa, a miña absurda tendencia a ser didáctico e, en definitiva, a miña necesidade de contar ao mundo o que me marabilla del.”.

Un dos seus temas: Pasos 1.0

¿Cal foi a túa formación e traxectoria profesional?

A miña formación foi a curiosidade. Nada máis, e definitivamente, nada menos. Dende que era un bebé e os meus pais poñíanme música sinfónica ata o día que arranxei o contestador automático cunha goma do pelo da miña nai.

Eu tiven a sorte de crecer nun ámbito moi esperto e moi activo culturalmente. Na miña casa escoitábase a Berlioz, a Jimi Hendrix e a Joan Manuel Serrat; líase Cortázar e Asimov; e os venres pola noite, en vez do Un, Dos, Tres, viamos La Clave. Tamén teño que dicir que isto último é un pouco traumático, porque eu prefería ao Dúo Sacapuntas antes que os rollazos que poñía José Luis Balbín. Ademais, os luns no colexio non tiña nada que comentar cos outros niños…como comprenderedes, non lles ía falar del síndrome de china.

En termos exclusivamente académicos, estudei música dende os 8 aos 22 anos e saqueime o título medio de profesor de trompa. Logo rematei a carreira de Arquitectura no ano 2000 e dende entón traballei en solitario ou en colaboracións con outros compañeiros de xeración e tamén con arquitectos de Madrid como Luis Martínez Santa-María ou Lorenzo Fernández Ordóñez. No estudo de Lorenzo traballei na pasarela de Abandoibarra e na rehabilitación da ponte de Juan Bravo, sobre o Museo de Escultura ao Aire Libre de Madrid.

Nestes anos tiven algúns premios en concursos, construín unhas cantas vivendas e tamén traballei nalgunhas actividades exclusivamente “alimenticias”, que a comida non nace entre as bases dos concursos, desafortunadamente.

¿Que levouche a abrirse camiño como escritor?

O certo é que dende moi pequeno me gustaron moito as historias. Creo que por puro escapismo, por abrir unha ventá a outros mundos, cando se me remataba a curiosidade polo meu. E gustábame lelas, pero tamén as contar e escribilas. Entre contos de Tintín e Mortadelo e ver Barrio Sésamo sempre sacaba un anaco para escribir algo, normalmente algunha historia épica e de aventuras. Todo moi bombástico e moi esaxerado. Creo que tiña como 10 anos cando fixen o meu primeiro intento de escribir unha novela, aínda que quedou en nada, claro. Seguro que está por aí nalgún caderno de cadros na casa da miña avoa, que o conserva todo a muller.

Xuraría que empezo a escribir verdadeiramente en serio cando comezo o doutorado. Á fin e ao cabo, alí obrígaste a escribir, non a formalizar imaxes, como nos proxectos. Aínda que por outro lado eu sempre escribo de igual xeito a como proxecto: todo á vez. Non empezo dende arriba e remato por abaixo, senón que vou enchendo de xeito máis ou menos espacial.

¿Te encontraste con muchas dificultades? ¿Cuáles fueron las más problemáticas?

A ver, que no soy un escritor como lo sería David Foster Wallace, pero lo cierto es que no encontré excesivas dificultades.

Cuando estalló la bomba termonuclear de 2008 que ha barrido el mundo de la arquitectura de arriba a abajo, decidí que tenía que buscarme las castañas por otro lado. Así que escribí y escribí, a veces para mí mismo, a veces para el doctorado, algunas otras veces en foros de internet y sitios así. Esto fue una suerte de entrenamiento (que sigo practicando) y que de alguna manera, pone en forma los músculos del cerebro. Al menos los que sirven para mover palabras de un lado para otro.

En 2011 apareceu Jot Down, que foi un vendaval no panorama cultural do noso país, e como eu son un tipo echao palante, atrevinme a mandarlles un texto que xa tiña escrito. Ese texto ía sobre música e cine e acabo sendo o meu primeiro artigo na revista. E ata hoxe.

¿Consideras que estudar Arquitectura foi un pasaporte fundamental para chegar ao teu traballo actual?

Absolutamente. Por dúas razóns fundamentais. A primeira é a curiosidade; na carreira de arquitectura foméntase a curiosidade. O interese por todo o que nos rodea. E cando digo todo, é todo: dende os ollos dunha mosca ata os percorridos que fai un futbolista no céspede ao longo dun partido.

A segunda razón é a profundidade de pensamento. Na carreira de arquitectura sempre nos intentan ensinar a non nos quedar na superficie; a non resgar só o envoltorio, senón a afondar o máximo posible nos qués e os porqués e os cómos de cada proxecto que analizamos e tamén que executamos. Logo o alumno decidirá se fai caso ou non, pero a intención que se ten dende a propia carreira é esa: curiosidade e profundidade de pensamento.

Como eu creo que si fixen caso, pois intento aplicar a curiosidade e a profundidade de pensamento a todo o que escribo: sexa un texto sobre o Panteón de Agripa ou un artigo humorístico sobre calzóns. Creo que todo é susceptible de ser explorado ata o final. Si, mesmo os calzóns.

Fotografía: Loreto Igrexas

¿Estás contento cos obxectivos alcanzados? ¿Que expectativas e proxectos de futuro tes?

De momento estou moi satisfeito. Por un lado porque estou a exercer un labor de divulgación da arte e a arquitectura para o gran público. É algo que nunca pensei que faría, pero que, como me dixo o meu amigo e tamén arquitecto Lorenzo Gil, é un traballo fundamental que está moi esquecido: apenas hai divulgadores da arquitectura para o público non-arquitecto. Parece que os arquitectos só falamos para arquitectos, e isto é un coñazo infumable para o resto da xente, e se me apuras tamén para os arquitectos.

Por outro lado, teño a sorte de que publico con regularidade nunha revista de cultura punteira e tamén na mellor publicación de cine do país. Ademais ábrenseme portas a outros proxectos menos relacionados coa divulgación e máis coa ficción, que é un territorio que me interesa moito. De feito, os meus dous proxectos de futuro que máis me ilusionan son unha breve guía da arquitectura española para non-arquitectos, e si, unha novela.

¿Animarías outros arquitectos a seguir os teus pasos? ¿Que pasos consideras que deberían dar? ¿Como completar os seus estudos? ¿Que outros consellos lles darías?

Por suposto que os animaría. Hai que buscar todos os camiños posibles, porque, ao final de todo, o que hai que buscar é a felicidade. E ao felicidade vén de facer o que te fai feliz: xogar ao baloncesto, deseñar vestidos de noiva, levantar vivendas ou escribir contos. O que sexa que te saque un sorriso na cara.

Se o que queren é escribir, o meu consello é que lean. Que lean moito e que lean mellor, pero sobre todo, que lean. E que escriban, que escriban moito, moito, para cada vez escribir un pouco mellor.

¿Cres que os arquitectos en España deberiamos seguir abrindo novas vías de traballo para saír da casa máis “tradicional” de proxectar dada a actual situación da construción no noso país?

Evidentemente. Dende a investigación en novos materiais ata as proxeccións en 3D ou as videoinstalaciones. A arquitectura é espazo, tempo e luz; e o espazo, o tempo e a luz están en calquera sitio no que queiramos fixar a nosa atención e a nosa curiosidade.

¿Que opinas dos que se foron a traballar ao estranxeiro?

Que fixeron o que consideraban mellor para a súa felicidade. Supoño que haberá algúns que o tomaron como unha fuxida, pero creo que serán os menos. Sinceramente creo que tomaron unha decisión a miúdo moi difícil, pero coa que serán mellores persoas, mellores arquitectos e máis felices.

Fotografía: Pedro Torrijos

¿Como ves o futuro da profesión?

Distinto, moi distinto ao presente e aínda máis ao pasado da profesión. A construción de nova planta ten os días contados e darase en situacións basicamente excepcionais.

En cambio, a rehabilitación, a reciclaxe edificatorio (con medios diversos, dende os máis tradicionais aos máis avanzados tecnoloxicamente), o repensamento do espazo e do que significa habitar serán as puntas de lanza e as liñas que guiarán unha profesión que, aínda que a moita xente poida parecerlle innecesaria e mesmo obsoleta, non desaparecerá nunca.

Pedro Torrijos · Arquitecto, músico e escritor
xullo 2014

Entrevista realizada por Ana Barreiro Blanco e Alberto Alonso Oro. Agradecer a Pedro o seu tempo e predisposición con este espazo.

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, Ana Barreiro Blanco, baliza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,