Pecha Kucha Night Vigo. Volumen 3

O próximo sábado 16 de Novembro ás 21:00 terá lugar no Salón de Actos do MARCO de Vigo terceiro edición do Pecha Kucha Night Vigo, un evento en que que participarán profesionais de diferentes disciplinas como arquitectura, música, moda, fotografía, gastronomía…etc.

Pecha Kucha é un evento multidisciplinar que serve como punto de encontro e intercambio de ideas para novos deseñadores e creativos. A idea naceu en Tokyo no ano 2003 da man de Astrid Klein e Mark Dytham de Klein-Dytham Architecture (KDa), a partir dese momento o formato estendeuse por máis de 280 cidades do mundo como Londres, Berlín ou Rotterdam. A dinámica do evento consiste nunha microconferencia na que se proxectan 20 diapositivas durante 20 segundos cada unha, isto é, 6 minutos e 40 segundos nos que cada relator deberá expoñer as súas ideas e proxectos.

Nesta terceira edición do Pecha Kucha Night Vigo participarán:

Pilar Alonso | Pintura.

Shooter Magazine | Photomobile Magazine.

AnsedeQuintáns | Arquitectura.

Miguel Oliveira | Cociña.

A&Y | Edición de Vídeo.

Jandro Villa | Deseño de Moda.

Maya Kapouski | Fotografía.

Silvia & Guy | Estilismo.

Enrique Lista | Arte.

Amil López | Nutrición.

O acceso ao evento é libre e gratuíto.

Pecha Kucha Vigo. Volumen 3

sábado 16 de Novembro as 21:00

Salón de Actos do MARCO de Vigo

Vigo, Galicia, España

Organizan: Castroferro Arquitectos e Indigo Arquitectura

+ pechakuchavigo.com

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: conferencias, evento

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,