Parte do Lugar | Íñigo García Odiaga

Solar dá vivenda. A pequena edificación ao fondo corresponde ás letrinas da fábrica de salgaduras

A Roiba construise como mínimo en tres tempos. Apilando capas, igual que se construen as praias nas que se van acumulando estratos de sedimentos arrastrados polo mar. A súa base, aquelos muros de mampostería de granito sobre os que se asenta, falan dunha historia previa, a dunha fábrica de salgadores que ocupaba o lugar. Sobre esos muros levantouse un volumen sinxelo, con voos achaflanados que parecen intentar domar mediante a súa xeometría das envestidas das olas e das mareas que intentan recuperar os lugares que a arquitectura lles disputou. Anos máis tarde unha ampliación ba cuberta, rematou por pechar o perfil característico que hoxe todos coñecemos.

Sen dúbida a construción desta casa fala dos que a habitaron, aqueles que querían gozar do lugar e para iso tiñan que entendelo; entender as súas mareas e temporais nuns primeiros instantes e entender a pesada choiva despois, que a gran cuberta da ampliación parece levar nun xesto limpo ata o mar.

Á fin e ao cabo o lugar é topografía, pero tamén é clima. Aos poucos, paso a paso construíuse a casa e con ela o lugar. A arquitectura puxo os seus elementos e a eles a natureza sumoulle os seus.

Poida que o tempo aínda siga construíndo o lugar e a casa, que ambos estean aínda sen acabar, que sigan en transformación. Como un cantil que sempre é o mesmo, aínda que constantemente estéase modificando, que por tanto é novo cada día, aínda que se formase hai milenios.

A Roiba en pleamar

Ao pensar na Roiba lembro as palabras que Eduardo Chillida dedicou á música de Juan Sebastian Bach e non podo librarme delas ao ver a casa.

“Moderno como as ondas. Antigo como a mar. Sempre nunca diferente, pero nunca sempre igual.”

íñigo garcía odiaga. arquitecto

san sebastián. xullo 2014

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: faro, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,