P.E de protección e acondicionamento do Parque Arqueolóxico da Rocha | RVR Arquitectos

O Castelo da Rocha Forte foi construído no século XIII ao sur da cidade de Santiago, a súa historia está intimamente vinculada á da cidade e á dos enfrontamentos que se produciron ao longo dos séculos XIV e XV entre os burgueses de Santiago e o seu señor, o arcebispo, até a súa total destrución na revolta irmandiña de 1466.

O lugar no que se atopan os restos da antiga fortaleza da Roca Forte está constreñido pola presenza de importantes infraestruturas de comunicación – estrada N-550, accesos á autoestrada A-9, vía férrea Vigo- A Coruña- e polo crecemento das edificacións vinculadas ás vías e aos núcleos rurais.

O abandono da actividade agraria contribúe á desorde do espazo e ao illamento deste respecto doutros espazos próximos da cidade. Con todo a vinculación do ámbito á canle do Sar e a proximidade á cidade de Santiago ofrecen importantes oportunidades para a restauración e vigorización da zona.

Neste sentido, o esforzo do proxecto centrarase na busca das solucións tendentes a potenciar a integración do ámbito co espazo natural das marxes do Sar e a través del, coa cidade; atenuando os impactos existentes, sobre os cales na maioría dos casos é imposible actuar directamente, mediante métodos de integración paisaxística.

Obra: P.E de protección e acondicionamento do Parque Arqueolóxico de la Rocha.
Emprazamento: Santiago de Compostela. Galicia. España
Autor: RVR Arquitectos (Alberto Redondo+José Valladares+Marcial Rodríguez)
Ano: Proxecto: 2011
Memoria:  RVR Arquitectos
+ rvr-arquitectos.es

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: arquitectura, equipamento docente, espacio publico, intervención urbana, obras

Tags: , , , , , , , , , , , ,