Ordenación do territorio, patrimonio histórico e medio no Código penal e a lexislación especial

O grupo de investigación ECRIM acaba de publicar o libro colectivo “Ordenación del territorio, patrimonio histórico y medio ambiente en el Código penal y la legislación especial“, dirixido por Patricia Faraldo Caba e coordinado por Luz María Ponte Aba.

O libro constitúe un estudo sistemático dos delitos e faltas relativos á ordenación do territorio e o urbanismo, sobre o patrimonio histórico, contra os recursos naturais e o medio ambiente e relativos á protección da flora, fauna e animais domésticos, contidos tanto no Código penal como na Lei de Represión do Contrabando e o Código penal militar. Inclúese unha parte xeral na que se expoñen diversos temas relacionados, en particular, coas difíciles relacións que se establecen neste ámbito entre o Dereito penal e o Dereito administrativo sancionador.

+artigo publicado en ecrim

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , ,