Operación Chamartín | Cristina García-Rosales

Recreacion virtual | urbanity.es

Hai uns días (o 25 de febreiro pasado) foi aprobado polo Pleno do Concello de Madrid a mega-operación Chamartín despois de casi 20 anos de anuncios e negociacións. Aínda que hai moitos mozos que aínda non o coñecen… Esta operación (ou plan urbanístico) utiliza parte do chan das vías de RENFE así como outros terreos (algúns expropiados no seu día ás xesuítas) para dar un crecemento á cidade de 2,8 Km, prolongando o eixo actual da Castelá até o nó Norte e enlazándoo coa M40, tocando tangencialmente o PAU das Táboas (que ten unha planificación absurda, por certo), de San Chinarro e da futura Cidade da Xustiza.

O plan foi deseñado por JM Ezquiaga xunto con Iñaki Ábalos, arquitectos de recoñecida traxectoria e valía e que, seguramente, realizaron o mellor dos plans posibles para o difícil encargo recibido. Algo que non pomos en dúbida (nin que é difícil o encargo nin que os arquitectos son grandes profesionais), nin tampouco que melloraron substancialmente o faraónico deseño realizado no seu día por Ricardo Bofill.

Esta operación vendéusenos agora como un achegamento da capital a outras grandes urbes como París ou Londres, como unha grande estratexia de xeración de postos de traballo e como o futuro motor económico de Madrid. Fálase de 20.000 empregos creados nos próximos anos e, ante iso, os cidadáns calaron. O resto do silencio obedece seguramente a intereses doutra índole.

O que din as cifras é o seguinte: 17.000 vivendas (4.000 delas, protexidas), un gran centro de oficinas e de negocios, catro enormes rañaceos (outros máis ou serán os de sempre?), vinte torres e 3,1 millóns de metros cadrados de chan construído, chan para parques e xardíns -53 Ha-, equipamentos públicos -81 Ha-, 123 Ha para infraestruturas de comunicación (rúas, avenidas e outros medios de transporte). Un investimento de 11.000 millóns de euros por parte do M. de Fomento, a Comunidade de Madrid e o Concello, investimento que se extraerá ao parecer das plusvalías xeradas coa explotación urbanística da zona. Dentro de 15 anos prevense 15.000 persoas alí vivindo.

Deseñouse co maior dos coidados ambientais e seguindo as directrices actuais do urbanismo moderno, ao reunir zonas residenciais, de traballo e de ocio, con carrís bicis, con aneis de circulación perimetrales ás vivendas, cunha magnífica rede de transporte público, con vivendas ecolóxicas, etc. Visto así, dan ganas de saír correndo, asociarse co consorcio BBVA e a construtora San José e comezar euforicamente a construír. Pero hai algo de toda a operación que me produce mareo, síntoo. E non só polas cifras que -recoñezo- me superan.

Área afectada obras

Porque, digo eu, co maior dos respetos:

– ¿Non estamos a falar agora en plena crise que hai que reformularse o ladrillo como motor económico do país e cambiar de estratexia?

¿Necesita Madrid un desenvolvemento tan desmesurado, un crecemento tan bestial, cando o parque de vivendas baleiras en todo o país é de 3 millóns (e seguen terriblemente caras) e a teoría do Decrecemento (difundido polo profesor Carlos Taibo e Serge Latouche) está a calar fondo na alma dos cidadáns que ven que crecer e crecer e crecer non é a solución aos nosos problemas?

¿Non quedaramos que hai QUE REUTILIZAR e REHABILITAR as vivendas vellas do centro e dos barrios periféricos, as máis humildes, as máis necesarias? ¿Non era esa a consigna?

– ¿Non seguimos con esta operación fomentando unha desigualdade entre o Norte e o Sur da cidade, desigualdade xa existente pero non desexable?

– A pesar das magníficas instalacións de transporte, e coñecendo a realidade, ¿non se producirá un colapso automobilístico de entrada á cidade dende a estrada de Colmenar, M30 e M40, para acceder a todos estes servizos terciarios?

¿Para que tantas vivendas de luxo?

Recreacion virtual

¿E a cidadanía? Nun momento que se está a falar da importancia da participación cidadá de asociacións de veciños, de mulleres, de habitantes dos barrios, ¿como e de que xeito permitiu o Concello que participen na Operación? Por medio das fórmulas vixentes e trasnoitadas? (léase información pública en Boletíns Oficiais, alegacións, etc.) Existiu, en todos estes anos, un verdadeiro debate público?

And last but not least (como din os ingleses) ¿queremos os madrileños unha cidade dentro da cidade? Unha cidade onde os de sempre van especular con terreos que non son seus, levándose 3.000 millóns de Euros en plusvalías tal como denunciou IU?

Operación Chamartin

Cristina García-Rosales. arquitecta

madrid. marzo 2011

Cristina García-Rosales

Soy arquitecta (1980). Mis proyectos son muy diversos. En 1995 fundo el grupo La Mujer Construye, en el que ocupo la Presidencia. 

follow me

Arquivado en: artigos, Cristina García-Rosales

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , ,