Open Studios of Architecture Venice 2012

A través dunha ruta expositiva por estudos de arquitectura poderás atopar proxectos e profesionais que expoñen os seus traballos prestando espazo para compartir con outros arquitectos internacionais unha exposición. Unha oportunidade única para coñecer de primeira man os talleres e tomar contacto coa realidade arquitectónica. Ademais de gozar dunha mostra cos proxectos do propio estudo, os espazo estarán habilitados para mostrar representativos proxectos internacionais nun formato novedoso. O modelo OSA é unha iniciativa conxunta da revista Creactivistas.

Organizamos a creación dunha ruta expositiva en colaboración con estudos de arquitectura locais que prestan o seu apoio a arquitectos doutras nacionalidades para realizar un percorrido por Venecia co fin de visitar estes espazos profesionais habilitados como expo para arquitectos. Deste xeito a mostra permitirá a difusión e contacto cos arquitectos e proxectos locais ademais de servir de soporte e apoio para a difusión de arquitectura emerxente do ámbito internacional.

Con esta proposta damos ao visitante de Venecia a posibilidade de facer esta ruta pola cidade para coñecer os estudos de arquitectura locais e ao mesmo tempo a mostra alternativa que preparamos.

Estamos invitando a arquitectos de calquera nacionalidade a realizar propostas para incorporalas á mostra que realizaremos con base nestes espazos habilitados. Dando preferencia e oportunidade a arquitectos novos ou emerxentes como mostra alternativa.

+ info

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , , ,