Oak Park | Antonio S. Río Vázquez

«Os habitantes de Chicago, aos cales non lles gustaba a casa Robie, que se sentían ofendidos pola novidade do seu aspecto e as súas longas e estendidas liñas horizontais, trataron de ridiculizala comparándoa cun barco de vapor, o mesmo que ían dicir máis adiante os críticos de Le Corbusier sobre os seus edificios. Sen sabelo, estaban a dar a entender que a casa estaba construída no espírito da época da que procedía».

Sigfried Giedion: Espazo, tempo e arquitectura

Frank Lloyd Wright’s Robie House. Fotografía: Frank Scherschel

Ao chegar a primavera, o verde tapiz de Oak Park recoñécese doadamente no interior de Chicago. A súa ordenada xeometría, integrada na gran retícula urbana, convértese na abstracción perfecta da pradaría americana, e no fecundo laboratorio onde Frank Lloyd Wright puido poñer en prácticas as súas revolucionarias ideas sobre a arquitectura doméstica.

Dende que constrúe a súa propia residencia-estudo en Oak Park e durante vinte anos -de 1889 a 1909-, Wright desenvolveu unha serie de propostas que transformarían totalmente o xeito de entender a vivenda unifamiliar suburbana. El denominou ás propostas domésticas dese período «casas da pradaría» e, entre elas, a casa para Frederick C. Robie, rematada en 1910, sería o seu expoñente máis representativo, o diálogo perfecto entre a arquitectura e o lugar.

O paradigma das prairie houses pódese entender en termos de diálogo: Diálogo que se establece entre as diferentes estanzas, ao romper o seu tradicional hermetismo; contrapunto entre interior e exterior; entre oriente e occidente; entre as predominantes liñas horizontais -a pradaría- e a rotunda cheminea vertical -o fogar- que ancora a casa e os seus habitantes ao lugar… pero, sobre todo, entre a casa como máquina e a casa como refuxio, a eterna dialéctica da vivenda moderna.

Unha casa que protexa e libere ao mesmo tempo é a concepción doméstica de Wright. Christian Norberg-Schulz explica que o gran valor da obra consiste en ter dado unha interpretación «moderna» aos significados fundamentais do espazo existencial. Dese modo Wright redescobre conceptos arquetípicos e pon en relación o Vello e o Novo Mundo, sentando as bases para a arquitectura posterior.

A pesar da súa ruptura -metafórica e literal- co espazo doméstico tradicional, Wright colocou no centro do proxecto a cheminea, a calor do fogar. «A gran cheminea, dentro da casa, converteríase nun lugar de lume real. Naquel tempo, un lugar de auténtico lume era algo extraordinario, deixou escrito na súa Autobiografía. E engadiu:

«Así, en todas aquelas casas que se me permitiron construír na pradaría, a cheminea integral converteuse nunha parte do edificio mesmo».

Para Wright, o lume acendido supoñía tamén unha grande axuda para o esforzo creador, materializado en torno á gran cheminea, única, ampla e xenerosa. Agradábame ver o lume ardendo intensamente na sólida cachotaría da casa. Un sentimento que perdurou». Aínda hoxe, as siluetas desas chemineas mestúranse con naturalidade entre as árbores de Oak Park.

Antonio S. Río Vázquez . Doutor arquitecto

A Coruña. outubro 2014

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, faro

Tags: , , , , , , , , , , , , , ,