Non son xenios os que necesitamos agora. José Antonio Coderch

Escrito polo arquitecto José Antonio Coderch e publicado por primeira vez na revista italiana Domus, dirixida entón por Gio Ponti, no número de novembro de 1961. Para esta publicación tomeime a liberdade de extraer algúns parrafos, invitandoles a revisar o texto completo na seguinte dirección web:

“Ao escribir isto non é a miña intención nin o meu desexo sumarme aos que gustan de falar e teorizar sobre Arquitectura. Pero despois de vinte anos de oficio, circunstancias imprevisibles obrigáronme a concretar os meus puntos de vista e a escribir modestamente o que segue:

Un vello e famoso arquitecto americano, se non recordo mal, dicíalle a outro moito máis novo que lle pedía consello: “Abre ben os ollos, mira, é moito máis sinxelo do que imaxinas. ” Tamén lle dicía: “Detrás de cada edificio que ves hai un home que non ves. ” Un home; non dicía sequera un arquitecto.

Non, non creo que sexan xenios o que necesitamos agora. Creo que os xenios son acontecementos, non metas ou fins. Tampouco creo que necesitemos pontífices da Arquitectura, nin grandes doutrinarios, nin profetas, sempre dubidosos. Algo de tradición viva está aínda ao noso alcance, e moitas vellas doutrinas morais en relación connosco mesmos e co noso oficio ou profesión de arquitectos (e emprego estes termos no seu mellor sentido tradicional). Necesitamos aproveitar o pouco que de tradición construtiva e, sobre todo, moral quedou en estaépoca en que as máis fermosas palabras perderon practicamente a súa real e verdadeira significación.”

Coderch | habitar-arq.blogspot.com.es

[…]

José Antonio Coderch

Publicado en la revista Domus, novembro 1961

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, faro

Tags: , , , , , , ,