Non se preocupe dos seus males, para iso ten a arquitectura | Pedro Hernández

Terraza Sanatorio de Paimio, Alvar Aalto | landliving.com

No persoal, un dos mellores momentos que ofrecen as teses de Beatriz Colomina é cando enlaza a arquitectura coa saúde. Sempre me gustou a idea do que expón.

“A arquitectura moderna era entendida de forma unánime como unha sorte de equipo médico, un mecanismo para protexer e mellorar o corpo” [Colomina, Beatriz – A domesticidade en guerra – Ed. Actar]

Froito disto podemos encontrar o desenvolvemento dos sanatorios de tuberculosos dos anos 30 ou ver como o céspede da vida suburbana tenia un sentido de curación dos trastornos tanto físicos coma mentais, ocasionados na traumática guerra.

É evidente que existe unha relación entre as condicións de vida e a saúde: o higienismo derivado das malas condicións -laborais e domésticas- da revolución industrial é unha clara mostra diso. Apertura de rúas, ordenación urbana, normativa dos inmobles… son resultados de moitos anos (miles) traballando sobre este tema.

E seguimos facéndoo, na miña escola por exemplo, é moi normal encontrar referencias á luminoterapia, aromaterapia,… todomalquetengaterapia.

A arquitectura, como boa herdeira do movemento moderno, segue pensando que pode ser un dispositivo médico, un elemento capaz de aliviar os males urbanos (a cidade, e o seu estilo de vida é polo tanto sucio e tenebroso) tales como o estrés… Pero aludindo agora a cambios fisiolóxicos (traballando na química biolóxica). Estamos a entrar nun mundo farmacolóxico, que diría Beatriz Preciado, e a arquitectura parece intentar ir á zaga.

Pero, ¿pode traballar a arquitectura dende ámbitos exclusivamente pertencentes á medicina? ¿E se é así pode responder esa arquitectura a algo máis que só esa necesidade curativa? ¿É a arquitectura tan boa, tan capaz de resolver todos os males?

Dúbidas, opinións…. porque eu non o sei.

Pedro Hernández · arquitecto
ciudad de méxico. novembro 2013

Soy arquitecto por la Universidad de Alicante, pero mi interés sobre esta disciplina se encuentra alejado de su papel tradicional de diseño de espacios. Más bien, me interesa entender cómo las representaciones de la arquitectura, el paisaje, el diseño o el territorio construyen y materializan determinados discursos ideológicos, imponiendo posturas, subjetividades y formas de acción sobre los cuerpos que la habitan.

En mi trabajo edito estos discursos –sus imágenes, sus historias o sus restos materiales– y reelaboro comentarios críticos que ponen en evidencia sus controversias y contradicciones, formalizándolos en diversos formatos como textos, fotografías, vídeos, objetos o instalaciones, muchas veces entrecruzados entre sí.

He publicado artículos y ensayos en diversos medios de Estados Unidos, Italia, Croacia, España, Chile y México. Desde enero de 2013-2018 residí en la Ciudad de México donde trabajaba como coordinador de contenidos en Arquine. Actualmente resido en Madrid.

follow me

Arquivado en: faro, Pedro Hérnandez Martínez

Tags: , , , , , , , , , , ,