Necrotectónicas. Mortes de arquitectos

A moitos o amor pola arquitectura fainos venerar os seus autores, querer saber máis das súas vidas e, ai, das súas mortes. Parece coma se así fosemos capaces de entendelos mellor e de valorar máis as súas obras, que son, en definitiva, as únicas que importan. Estas mortes de grandes arquitectos báixanos do inalcanzable pedestal, fanos máis humanos e únennos máis a eles.

Por outra parte, cando lemos un relato sobre alguén estamos a ler tamén dalgún xeito un relato sobre nós mesmos, e así sentimos, deste retorcido xeito, unha sintonía coa grande arquitectura.

Presentámosvos un xogo literario, unha broma, un pasatempo que manifesta dende a primeira liña ata a última un acendido amor pola arquitectura e os arquitectos.

É unha colección de veinitrés relatos sobre as mortes de vinte e tres arquitectos ilustres:

1.- Caín

2.- Dédalo

3.- Hiram-Abib

4.- Apolodoro de Damasco

5.- Michelangelo Buonarroti

6.- Sinan Ibn Adülmennan

7.- Francesco Borromini

8.- Claude-Nicolas Ledoux

9.- Frederick Law Olmsted

10.- Antonio Sant’Elia

11.- Louis Henri Sullivan

12.- Antoni Gaudí i Cornet

13.- Charles Rennie Mackintosh

14.- José Manuel Aizpúrua y Azqueta

15.- Josep Torres Clavé

16.- Giuseppe Terragni

17.- Lilly Reich

18.- Ivan Ilich Leonidov

19.- Le Corbusier

20.- Louis I. Kahn

21.- Carlo Scarpa

22.- Albert Speer

23.- Enric Miralles

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,