n+1. Tendencias compulsivas. José María Echarte


n+1. Tendencias compulsivas. José María Echarte

Ás veces os arquitectos crémonos tanto o papel de xenio inalcanzable e heroico —que alguén deseñou para nós— que acabamos por esquecer a aquel neno, aquela nena, que pintaba casas de xiz no chan. Que preguntaba sempre por que.

Estes textos, compulsivos, indignados, serios e divertidos, escritos desde un profundo amor pola arquitectura, forman parte dunha reflexión constante sobre a disciplina, entendida como un ecosistema complexo que vai da política á moda, das universidades aos estudos onde toda unha xeración de mozos profesionais rema a ritmo de galera, dos nosos lugares comúns —dos que rirse, cómplices— ás nosas pantasmas máis escuras —dos que desprenderse, xuntos—.

Deixen saír ao neno curioso que todos fomos. Ao que debuxaba casas de xiz. E, sobre todo, ao que preguntaba sempre por que. Non teñan medo. Todo vai saír ben.

José María Echarte Ramos, (Almería 1973), arquitecto pola ETSA Madrid en 2000, é Profesor de Proxectos e Teoría & Crítica na Universidade Rey Juan Carlos e coeditor de n+1, Blogue de Arquitectura e Crítica. Desenvolveu o seu labor no campo da obra pública, a Administración, a docencia e a crítica. Neste ámbito expón unha investigación que pretende ir máis aló do proyectual e puramente estético, entendendo a arquitectura como un ecosistema socioeconómico complexo.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,