Movitectura. Arquitectura móvil

Movitectura. Arquitectura móvil Mobitecture

Arquitectura móbil na súa marabillosa variedade, unha vivaz colección de estruturas móbiles e portátiles.

Mobitectura: Arquitectura móbil é un compendio único que rende tributo á arquitectura móbil en todas as súas formas. Esta publicación, unha oda visual á vida en movemento, exhaustiva tanto en variedade como en amplitude, explora estruturas móbiles que van do extravagante ao sensato e do rústico ao luxoso. Abarcando deseños arquitectónicos que rodan, desdóbranse, saltan, deslízanse en trineo e flotan sobre a auga, Mobitectura aúna unha espectacular colección de estruturas nas que podemos deleitarnos, vivir, traballar ou facer unha pausa. Con máis de 250 imaxes e un deseño intelixente e cativador, este libro compacto gustará a todos aqueles que aprecien o poder dun bo deseño.

Mobitectura non se limita a tipoloxías icónicas como as tendas de campaña e as caravanas, senón que ofrece unha enorme variedade de estruturas móbiles deseñadas para desertos, océanos, praias, montañas e cidades, o cal pon de relevo unha unión entre arte e mobilidade. Captando o espírito da invención e a inxenuidade, cada ‘mobitectura’ supón unha latente promesa de liberdade con respecto ás rutinas e obrigacións cotiás. Tal como evidencia o perenne atractivo das autocaravanas retro, as caravanas Airstream, a febre internacional do ‘glamping’, etc., o perdurable encanto da arquitectura móbil é global e aflorou hai varias décadas.

Mentres que certos proxectos recorren á liberdade para experimentar con materiais, tamaños, cores e conceptos de deseño, outros arroxan luz de maneira máis emotiva sobre a importancia do deseño de estruturas móbiles. Movitectura inclúe deseños que axudan aos refuxiados que foxen das zonas de conflito, aos emigrantes económicos que esperan labrarse unha vida mellor noutro lugar, á migración ambiental debida a causas naturais e aos sen fogar. Desde o Portable Housing Space de Winfried Baumann ata a Origami Paper House de Architecture Global Aid e a Tent 2 de Angela Lúa, a  ‘mobitectura’ pode ofrecer respostas funcionais e salvadoras ás necesidades urxentes de refuxio. O galardón Beazley Design of the Year deste ano, asociado ao Museo do Deseño de Londres, puxo énfase na crecente necesidade de estruturas móbiles tras conceder o primeiro premio á Fundación Ikea e á Axencia da ONU para os Refuxiados pola súa vivenda compacta. hew.tucker@buzzfeed.com

Organizado en oito capítulos -Humano, Sen rodas, Unhas & dúas rodas, Tres rodas, Catro rodas, Cinco ou + rodas, Trineos e Auga- segundo o medio primordial de mobilidade do proxecto, Mobitectura pode lerse como unha colección de estudos prácticos singulares ou de principio a fin. Cada proxecto inclúe detalles sobre o nome da estrutura, o arquitecto, deseñador, artista ou fabricante, o país de orixe e a súa data de finalización. Así mesmo, xunto a cada ‘mobitectura’ podemos atopar máis información en forma de símbolos, e nela especifícase o número de persoas que pode albergar o proxecto, o medio de mobilidade e a paleta de materiais principais cos que se construíu a estrutura. Ao principio do libro inclúese tamén unha útil ‘Clave para as iconas de mobilidade’.

Seguindo os pasos do best-seller Nanotectura, tamén de Rebecca Roke, Mobitectura engloba unha sorprendente e inspiradora variedade de formas, materiais, cores, tamaños e localizacións. Cun toque de extravagancia, este exquisito libro é unha cativadora referencia visual para arquitectos, deseñadores e todos aqueles que gocen vivindo e viaxando con estilo.

Arquivado en: libros, publicacións

Tags: , , , , , , , ,