Moho arquitectos · Deseño industrial e mobiliario | cartonLAB

CartonLAB nace en 2009 como unha iniciativa do estudo Moho Arquitectos, dirixido por Carlos Abadía Suanzes-Carpegna, Ignacio Bautista Ruiz e Pablo García Mora. Xuntos compartimos un espírito inquedo, práctico, san, deportivo e viaxeiro. Únenos unha mentalidade emprendedora, unha gran capacidade de traballo en equipo e sobre todo as ganas por gozar e reinventarnos a diario co noso traballo.

ECOdiseño personalizado. En cartonLAB deseñamos e producimos á medida as túas ideas e proxectos ata convertemos en experiencias 100% reciclables, lixeiras, resistentes, de doada montaxe e completamente personalizables. Deseñamos Eventos, Postos, Exposicións, Escaparatismo, Mobiliario, Decoración, Packaging, Expositores de produto e xogos para nenos.

CartonLAB · Carlos Abadía Suanzes-Carpegna, Ignacio Bautista Ruiz e Pablo García Mora | Fotografía: Lola Salinas

¿Cal foi a vosa formación e traxectoria profesional previa a CartonLab?

Coñecémonos na universidade, e un par de anos despois de rematar a carreira, no 2006, fundamos o estudo Moho arquitectos en Murcia. (www.mohoweb.com) Nestes 7 anos de traxectoria profesional participamos en múltiples proxectos e iniciativas de todo tipo, dende proxectos e concursos de arquitectura a nivel nacional e internacional, ata proxectos editoriais, exposicións e instalacións artísticas: “Cauchic” en La Conservera de Ceutí. (Murcia) 2013 ,y “Diagrama de Venn” na Mustang Gallery (Alicante) 2013. Destacar tamén o proxecto All Age City, (www.allagecity.com) de inter-generacionalidad urbana, que estamos a levar a cabo dende 2009 xunto á oficina de Andrés Jaque.

Paralelamente a todo iso, mantivemos sempre unha continua actividade formativa e de divulgación a través de talleres e conferencias. PH06 (León) 2009, Trashboarding (Barcelona) 2013, e internacional: Archdesant 2011 en Ulianovsk, (Rusia), Cartonízate 2013 (Santiago de Chile) e Bartlett Summer Course Foundation (Londres 2013).

¿Que vos levou a abrirvos camiño no deseño con cartón?

O noso perfil creativo impulsounos sempre a producir “cousas” materiais. Como arquitectos traballabamos nunha escala territorial, urbana, edificatoria, con longos prazos de execución, grandes presupostos e complicados procesos administrativos e de negociación en moitos casos. Por iso buscamos complementar a arquitectura cunha aventura na pequena escala que nos permitira producir pezas, lixeiras, flexibles, reciclables e personalizables. Adaptar en definitiva as nosas capacidades como deseñadores aos tempos de hoxe, Nun momento dado entramos en contacto coa industria do cartón e deseguida empezamos a comprobar as vantaxes e posibilidades de traballar co material: próximo, familiar e alcanzable, o cartón é un produto en constante evolución técnica. Cada día xorden novas patentes que permiten usos e aplicacións en disciplinas como mobiliario, deseño de produto, arquitectura efémera, deseño de interiores e escenografía, todas elas moi afastadas do tradicional mundo da paquetería.

¿Considerades que estudar Arquitectura foi un pasaporte fundamental para chegar ao voso traballo actual?

Un profesor da universidade comentábanos que o arquitecto é aquel que ten un coñecemento tan vasto como o océano, pero dun centímetro de profundidade. Pensamos que a carreira nos iniciou nun particular forma de relacionarnos con este mundo, unha mirada xeralista, periférica, inconformista, curiosa. Tamén nos obrigou a desenvolver unha enorme capacidade de traballo e axudounos a ser capaces de comunicar e levar á realidade de forma estructurada as nosas ideas, creatividade e imaxinación.

¿Credes que os arquitectos en España deberiamos seguir abrindo novas vías de traballo para saír da casa máis “tradicional” de proxectar dada a actual situación da construción no noso país?

A crise no sector da construción en España potencia as iniciativas “alternativas” ao desenvolvemento convencional da profesión. De todos os xeitos encontrámonos nunha situación na que a maioría das profesións se encontran en continua evolución e redefinición. Mesmo a nivel legal, normativo ou institucional. É un bo momento para aproveitar todas as nosas capacidades (gráficas, creativas, técnicas, management,etc) para encontrar as oportunidades de reformular xunto a outros colectivos (das ciencias sociais, da industria, das empresas, das universidades, dos axentes sociais) o novo papel para o arquitecto na sociedade.

¿Que opinades dos que se foron a traballar ao estranxeiro?

Moitos dos nosos compañeiros de carreira e amigos máis próximos están a vivir e traballando en lugares como Miami, Londres, Líbano, Paris, Brasilia, Zúrich, Stuttgart, Berlín, Doha e Nova York. Profesionais de ENORME talento, que non se resignou a esperar a que melloren as condicións aquí e que merecen aproveitar as oportunidades de desenvolver as súas incribles capacidades profesionais alá onde as requiran.

¿Animariades a outros arquitectos a seguir os vosos pasos? ¿Que pasos considerades que deberían dar? ¿Como completar os seus estudos? ¿Que outros consellos lles dariades?

Os arquitectos somos uns “prototipadores” natos. Como tales temos múltiples oportunidades de contribuír nun sistema e unha sociedade que actualmente se está a reformular, reconstruíndo cada un dos espazos físicos e virtuais que ocupa.

Moho arquitectos · Deseño industrial e mobiliario | cartonLAB

Outubr0 2013

Entrevista realizada por Ana Barreiro Blanco e Alberto Alonso Oro. Agradecer a Carlos Abadía Suanzes-Carpegna, Ignacio Bautista Ruiz e Pablo García Mora, o seu tempo e predisposición con este pequeno espazo.

Alberto Alonso Oro

Arquitecto y editor en veredes, arquitectura y divulgación. Invernalia es un buen lugar. A veces escribo en Fundacion Arquia.

follow me

Arquivado en: Alberto Alonso Oro, Ana Barreiro Blanco, baliza

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,