Modernidade(s). Arquitectura en Barcelona, 1924-75

11954559_920300318050217_2555148998155096348_n

O Rocha Barcelona Gallery acolle a exposición ‘Modernidade(s). Arquitectura en Barcelona, 1924 – 1975‘, unha mostra que formula un percorrido a través edificios máis emblemáticos de Barcelona, construídos entre dúas datas clave: o ano 1924, cando se instaurou a primeira ditadura, e o 1975, momento da extinción da segunda ditadura.

A exposición presenta unha selección de maquetas, creadas polos estudantes da School of Architecture UIC Barcelona, que mostran aquelas características de cada edificio, polas que foron considerados emblemas da modernidade do seu período de edificación.

Modernitats_Escorial12-2-730x486

Un segundo grupo de maquetas, reinterpretan algúns dos aspectos máis destacados de cada unha das obras anteriores, para actualizar aqueles trazos polos que foron consideradas innovadoras aos canons actuais e o uso de novos materiais. Son algúns exemplos construcións como a Casa Planells, a Casa Vilaró ou a Clínica Barraquer, entre outros.

Unha exposición que invita a cuestionar e reflexionar sobre o concepto de modernidade na arquitectura.

‘Modernidade(s). Arquitectura en Barcelona, 1924-75 ’,
Roca Barcelona Gallery. España
Do 1 de setembro o 17 de outubro de 2015

veredes
veredes Administrator

Búsqueda para satisfacer el conocimiento de la actividad arquitectónica y tangentes que se generan. La idea es crear un espacio para divulgar los diversos proyectos en busca de nueva inspiración y de intercambio.

follow me

Arquivado en: evento, exposiciones

Tags: , , , , , , , ,