Modelos | Antonio S. Río Vázquez

Auditorio na nova fábrica de Sargadelos | Arquivo de Xosé Díaz

«O Laboratorio rexistra un extenso número de intentos e teorías que van dende as de Ruskin e Morris, aos racionalistas, constructivistas e productivistas rusos co seu Vchutemas, e outros laboratorios, ata as últimas experiencias de Bill, Maldonado, etc., pasando polo exemplo máis coñecido en occidente do Bauhaus».

Fragmento do manifesto do Laboratorio de Formas

Actualmente exponse na galería José de la Mano de Madrid a mostra Monika Buch. Unha española na HfG de Ulm (1956-1958), un percorrido polos traballos académicos da única persoa de nacionalidade española que realizou os seus estudos na célebre escola alemá, dous anos despois da súa fundación en 1953.

Como se recorda no catálogo da exposición,

«O programa de estudos da HfG —Hochschule für Gestaltung / HfG Ulm— comeza cun curso básico, Grundkurs, común para todos os alumnos, cuxo principal obxectivo é a iniciación visual. Este é posiblemente o cambio máis significativo respecto a calquera modelo precedente: abandónanse posicións subxectivo-expresionistas (Itten, Klee, Kandinsky) ou experimentos formalistas (Moholy-Nagy) a favor do estudo da percepción e as leis que a rexen».

Fai pouco tempo, outra exposición itinerante, chamada Modelos de Ulm 1953-1968. O deseño da nova Alemaña, conmemoraba os cincuenta anos da fundación da escola, pioneira no ensino, a investigación e o desenvolvemento proyectual en todas as escalas do deseño: dende o deseño da información á arquitectura.

Entre outras sedes, os Modelos de Ulm expuxéronse nas antigas fábricas de Sargadelos (Cervo, Lugo). Alí puidemos observar o traballo de ilustres profesores como Otl Aicher, Tomás Maldonado ou Max Bill, e a herdanza que -xa dende as súas intencións iniciais- recibían, dun xeito tan directo como crítica, da Bauhaus, de onde tamén procedían algúns dos docentes, como Josef Albers, Johannes Itten, Walter Peterhans ou o propio Max Bill, autor tamén dos edificios da nova escola.

Resultaba simbólico gozar desta exposición nun marco tan significativo como a antiga fábrica de Sargadelos, no lugar onde durante os séculos XIX e XX se produciron dous dos momentos máis importantes na historia do deseño industrial en Galicia: Primeiro, o espírito ilustrado de Antonio Raimundo Ibáñez logrou, coa súa empresa de louza, satisfacer unha necesidade de mercado vinculándoa aos recursos propios da zona, contando coa primeira siderurxia integral da península e converténdose na primeira manufactura cerámica que introduciu en España sistemas mecánicos de produción.

Despois, no ano 1968, e como parte dun amplio proxecto iniciado con anterioridade no exilio arxentino da man de Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, restáurase a actividade industrial en Sargadelos. Ese gran propósito, baixo o acertado nome de «Laboratorio de Formas» incorporaba investigación, creación, debate, divulgación… dende o deseño editorial ata a arquitectura dos novos centros de produción, ideas introducidas nun manifesto fundacional que, ademais das súas intencións, deixaba constancia das súas influencias e precedentes. Ao igual que Ulm en Alemaña, o Laboratorio de Formas xerou un modelo propio, que serviría para conducir a Galicia cara á modernidade recuperando a industria desenvolvida previamente en Sargadelos por Raimundo Ibáñez, quen deixou escrito:

«A poboación é a que constitúe a riqueza e a forza dos Estados. Non pode soster o progresar senón por medio da industria, fábricas, comercio e navegación, cuxos ramos son o poderoso axente da industria, que é a primeira, a máis esencial e indispensable das artes».

Antonio S. Río Vázquez . Doutor arquitecto
A Coruña. marzo 2015

Antonio S. Río Vázquez

Antonio S. Río Vázquez (A Coruña, 1981) es arquitecto por la E.T.S.A. de A Coruña, master en Urbanismo y doctor por la Universidade da Coruña. Especializado en teoría y diseño, su línea de trabajo se ha centrado en la investigación y divulgación del patrimonio arquitectónico moderno. Ha desarrollado proyectos de modo independiente y ha colaborado con varios estudios de arquitectura. Es socio fundador de Aroe Arquitectura. Es profesor en el Departamento de Proyectos Arquitectónicos, Urbanismo y Composición de la Universidade da Coruña, y ha sido profesor invitado en la Robert Gordon University de Aberdeen (Reino Unido), en la Universidade do Minho (Portugal) y en la Università degli Studi di Roma La Sapienza (Italia). Es miembro de la red UEDXX Urbanism of European Dictatorships during the XXth Century, del Grupo de Investigación en Historia de la Arquitectura IALA y del Grupo de Innovación Educativa en Historia de la Arquitectura. Ha formado parte del proyecto de investigación FAME Fotografía y Arquitectura Moderna en España, 1925-1965. Los resultados de sus investigaciones, tanto personales como conjuntas, han servido como aportación a eventos de debate y difusión científica y han sido publicados en libros y revistas.

follow me

Arquivado en: Antonio S. Río Vázquez, faro

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , , ,