Miquel Lacasta Codorniu

Simboloxía do poder | Miquel Lacasta Codorniu
16-02-2015 Sen comentarios

Simboloxía do poder | Miquel Lacasta Codorniu

Daoíz e Velarde son os nomes dos dous leóns que flanquean a fachada principal do congreso dos deputados en Madrid. A imaxe majestuosa de ambas fieras fundidas en bronce na Real fábrica de artillería de Sevilla, converteuse nun dos iconos máis fotografados da capital. A historia de Benavides e Malospelos, que é como os madrileños alcuman cariñosamente a un dos […]

Unha aproximación a un xove Eisenman | Miquel Lacasta Codorniu
09-01-2015 Un comentario

Unha aproximación a un xove Eisenman | Miquel Lacasta Codorniu

iEntre 1963 e 1973 Eisenman escribe, a súa tese doctoral The Formal Basis of Modern Architecture,[1] de vital importancia no seu traballo posterior, en 1963, Towards an Understanding of Form in Architecture, en Architectural Design no número 457, tamén en 1963, Notes on Conceptual Architecture: Towards a Definition, en Design Quaterly nº78-79 en 1970 e Cardboard Architecture; House I and […]

Cara unha nova contextualidade | Miquel Lacasta Codorniu
29-12-2014 Sen comentarios

Cara unha nova contextualidade | Miquel Lacasta Codorniu

Unha das orixes posibles dun certo renacer contextualista podería recaer, como afirma Eduard Bru, no feito de que o lugar1 pasou a ser algo máis interesante, máis activo e propositivo, en tanto que cidade e xeografía, mesturáronse ineluctablemente, ofrecendo unha contorna moito máis incitante que o estrictamente urbano do que dispoñiamos unha década atrás.2 Á sombra dunha observación tan suxerente, […]

Exodus, o imperio da cínica | Miquel Lacasta Codorniu
31-10-2014 Sen comentarios

Exodus, o imperio da cínica | Miquel Lacasta Codorniu

Exoduses o proxecto co que Rem Koolhaas se introduciu na escena internacional da arquitectura en 1972 1. Rem Koolhaas formouse como arquitecto na Architectural Association de Londres, onde estudou de 1968 1972. A Architectural Association era nese momento un ámbito anárquico onde Peter Cook marcaba a pauta,2 pero onde Leon Krier e Charles Jencks facían sentir igualmente a súa presenza. Nunha […]

Lecturas no común | Miquel Lacasta Codorniu
22-09-2014 Sen comentarios

Lecturas no común | Miquel Lacasta Codorniu

Lecturas no común A arquitectura xorde dunha forma de coñecemento compartido que vai máis alá do obxecto arquitectónico. Así mesmo a cidade, pode ser entendida como o ámbito de relacións entre arquitecturas, individuos e naturezas. Todo o coñecemento acumulado sobre estas relacións triangulares, do edificio ao individuo, do individuo á natureza e da naturezas ao edificio, virían a formar o […]

Lentitude | Miquel Lacasta Codorniu
05-08-2014 2 comentarios

Lentitude | Miquel Lacasta Codorniu

Lentitude A arquitectura sempre foi unha profesión de vello, un labor que esixe a implicación dunha cantidade inxente de tempo para que un arquitecto poida considerarse en estado de madureza. Todos aqueles que nos recoñecemos na profesión, estamos de acordo que non hai atallos nin camiños de diante. A arquitectura faise ao chup chup da vida. Esta idea de lentitude […]

Do constructivo como teoría | Miquel Lacasta Codorniu
23-06-2014 Sen comentarios

Do constructivo como teoría | Miquel Lacasta Codorniu

Do constructivo como teoría A realidade é sempre unha organización, ou configuración complexa, que se está a constituír constantemente. Así formulada, esta afirmación deixa entrever un principio de fondo moi simple: o feito de que algo se constrúa constantemente non o fai menos real, independentemente de cales sexan as pezas que integren esa construción. O feito de que dende a […]

A emerxencia da resistencia | Miquel Lacasta Codorniu
26-05-2014 Sen comentarios

A emerxencia da resistencia | Miquel Lacasta Codorniu

A emerxencia da resistencia Xa escribía Ignasi de Solà-Morales en 1993, que ante a violencia estrutural do mundo actual, que en forma de rede sutil se instalou implacablemente na realidade, soamente caben tres tipos de actitudes: a submisión, a delincuencia e a resistencia.1 Hoxe máis que nunca fai falta tomar algunha das tres actitudes, e convertelas en aptitudes, como referencia […]

Do Baleiro da Arquitectura | Miquel Lacasta Codorniu
28-04-2014 Sen comentarios

Do Baleiro da Arquitectura | Miquel Lacasta Codorniu

Do Baleiro da Arquitectura “Die Leere ist nicht nichts. Sie ist auch kein Mangel. In der plastischen Verköperung spielt die Leere in der Weise des suchendentwerfenden Stiftens von Orten.” Martin Heidegger | Die Kunst und der Raum “O baleiro non é nada. Tampouco é unha falta. Na materialización plástica xoga o baleiro como un acto fundante que busca forxar lugares”.1 […]

De Conmocións | Miquel Lacasta Codorniu
17-03-2014 Sen comentarios

De Conmocións | Miquel Lacasta Codorniu

De Conmocións Hoxe hai moi poucas obras na arte contemporánea capaces de provocar unha conmoción. Parece coma se a arte derivase cara a unha constelación de autorreferencias onde o suxeito artista antepón a súa subxectividade a toda interpretación posible da realidade. É ofensivo nalgúns casos como as reflexións dende o eu, me and myself, non sobreviven á máis leve esixencia […]

A arquitectura, a ciencia e Charles Jencks | Miquel Lacasta Codorniu
23-05-2013 Sen comentarios

A arquitectura, a ciencia e Charles Jencks | Miquel Lacasta Codorniu

A arquitectura, a ciencia e Charles Jencks O paradigma da complexidade aplicado na arquitectura e a súa expresión no binomio conceptual xeometría e complexidade xorde durante a década dos 60, contrariamente á posición de Charles Jencks que o sitúa a finais do século XX e principios do XXI. O percorrido deste binomio arranca nun momento histórico de grandes convulsións da […]

A lúcida mirada Situacionista | Miquel Lacasta Codorniu
13-04-2013 Sen comentarios

A lúcida mirada Situacionista | Miquel Lacasta Codorniu

A lúcida mirada Situacionista “Propoñémonos inventar novos escenarios en movimiento.(…) A arquitectura é o modo máis sinxelo de articular o tempo e o espazo, de modular a realidade, de facer soñar. Non se trata tan só de articulacións e modulacións plásticas, expresións de beleza pasaxeira, senón dunha modulación influente, que se inscribe no eterno arco dos desexos e do progreso […]

Constant, a utopía cobra vida | Miquel Lacasta Codorniu
22-10-2012 Sen comentarios

Constant, a utopía cobra vida | Miquel Lacasta Codorniu

Constant, a utopía cobra vida Na paisaxe utópica dos anos sesenta, onde resoan nomes como Kurokawa, Fuller, Friedman, Archigram, Utopie ou Archizoom, o proxecto de Constant destaca polo seu rigor ideolóxico. As utopías tecnolóxicas de Archigram ou Buckminster Fuller non se distinguen por conceptos sociais de base nas súas propostas. Para estes arquitectos é, sobre todo, a fascinación polas extremas […]

Jacobs versus Le Corbusier | Miquel Lacasta Codorniu
17-09-2012 Sen comentarios

Jacobs versus Le Corbusier | Miquel Lacasta Codorniu

Jacobs versus Le Corbusier A cidade xa non pode ser un lugar pensado dende as regras, senón un espazo vivido dende os principios. Xa pasaron moitos anos dende que se puido constatar o fracaso de planificar as cidades a medio e longo prazo. Quizais este sistema fose pertinente a principios do século XIX onde aínda se podía planificar atendendo a […]