micro Urbanismo | Íñigo García Odiaga

A miúdo cando pensamos en urbanismo, visualizamos grandes operacións inmobiliarias de transformación da cidade. As cidades europeas parecen moverse ao ritmo que marca a construción de novos barrios, de novos desenvolvementos que en ocasións chegaron a duplicar a cidade existente. Esta metodoloxía urbana, ademais de pouco recomendable, demóstrase totalmente inútil cando se trata de rehabilitar, de transformar grandes áreas degradadas, xa que o volume económico necesario para poder actuar anula xa de arranque calquera posible actuación. Como é posible entón abordar a regeneración urbana dunha favela, ou de toda a periferia dunha cidade como Medellín?

medellin+arquitectura+architects+00
CAI Centros de Atención Inmediata

A miúdo cando pensamos en urbanismo, visualizamos grandes operacións inmobiliarias de transformación da cidade. As cidades europeas parecen moverse ao ritmo que marca a construción de novos barrios, de novos desenvolvementos que en ocasións chegaron a duplicar a cidade existente.

Esta metodoloxía urbana, ademais de pouco recomendable, demóstrase totalmente inútil cando se trata de rehabilitar, de transformar grandes áreas degradadas, xa que o volume económico necesario para poder actuar anula xa de arranque calquera posible actuación. Como é posible entón abordar a rexeneración urbana dunha favela, ou de toda a periferia dunha cidade como Medellín?

A cidade colombiana de Medellín lideraba ata hai poucos anos o ranking das cidades máis violentas de Latinoamérica, e a súa imaxe asociábase a unha periferia urbana caótica, sen presenza do estado, con grandes índices de inseguridade e sen ningunha cohesión social.

medellin+arquitectura+architects+02
CAI Centros de Atención Inmediata

No ano 2004 fundouse a EDU, empresa de desenvolvemento urbano municipal, que sería a encargada de formular e desenvolver un novo modelo de cidade. A súa resposta non se fixo esperar e unha das súas primeiras intervencións foi a construción do chamado metrocable, un teleférico que hai as veces dun metro urbano sobrevoando os tellados da escarpada periferia norte da cidade. As estacións incorporaban ademais pequenos espazos públicos e pequenos equipamentos comunitarios, tales como gardarías, ximnasios, unha biblioteca ou un museo.

Esta intervención ligada ao transporte público e que pouco ten que ver co desenvolvemento inmobiliario de grandes barrios, transformou radicalmente todo esa área da cidade. Dalgún xeito ese proxecto que actuaba como unha acupuntura urbana de pequenas intervencións, foi capaz de transformar un lugar residual en urbano.

Mediante estas intervencións micro a cidade reinvéntase, o estado, o concello e os servizos aparecen de súpeto en barrios esquecidos, dando servizo e xerando unha vontade de cambio social e unha nova actitude na veciñanza. Este modelo de urbanismo caracterizado polas intervencións puntuais capaces de transformar ámbitos urbanos xa é hoxe caso de estudo en múltiples escolas e é coñecido como o Modelo Medellín.

medellin+arquitectura+architects+03
CAI Centros de Atención Inmediata

En Medellín, temas como a integración, a mobilidade, o goberno, ou a redución da pobreza e a violencia tratáronse dende o urbano e non dende o burocrático, o policial ou o xudicial.

O Modelo Medellín, así como o foi o efecto Guggenheim para Bilbao, foi capaz de transformar mediante o uso da arquitectura un escenario de crise, nun espazo de oportunidade, convertendo barrios antes degradados en espazos atractivos mesmo para o turismo, o que supuxo a chegada de investimentos e de novas economías.

Talvez, a particularidade deste sistema radique no modo en que un pequeno edificio foi capaz de estender un novo modelo en todo un barrio.

Estas arquitecturas, levaron consigo un investimento físico que se complementou con programas sociais e con políticas integrais de seguridade e convivencia que buscan unha transformación integral da cidade. Deste xeito estes faros son un referente constante para os cidadáns en territorios case esquecidos que requiren un gran labor de apoio aos máis marxinados da sociedade.

medellin+arquitectura+architects+04
CAI Centros de Atención Inmediata

Arquitectonicamente os edificios compóñense dun elemento recoñecible na distancia, unha torre grande que evoca a protección e se converte en referente do barrio, en poucas palabras un fito que destaca o punto de seguridade cidadá máis próximo, sobresaíndo como unha marca na paisaxe.

Estes equipamentos que brindan servizo 24 horas ao día, compórtanse como espazos amables, abertos ao público, cheos de colorido e vida, ofrecéndose como rechamantes reclamos cara ao cidadán. Pola noite tórnanse en referentes urbano de luz, grazas a uns reflectores que iluminan o ceo determinando a situación do edificio máis próximo e propiciando un ámbito iluminado e de seguridade.

Os 9 edificios, pola súa estratéxica localización no territorio da cidade, son referentes nas abas de Medellín a través da luz, e polo tanto introducen na cartografía da cidade barrios aos que antes a cidade nunca chegara. Polo tanto máis alá do seu valor como arquitecturas, podemos cualificar a estes edificios de enlaces entre os cidadáns e a súa pertenza á comunidade e é aí onde radica o seu valor urbano.

Os resultados están aí e son os que avalan este urbanismo construído con pequenas pezas de arquitectura, con pequenas intervencións de micro cirurxía, con pequenos cambios que xeran grandes transformacións. Xa hai tempo que Medellín deixo de liderar a dubidosa lista das cidades máis violentas de Latinoamérica, e o seu turismo e interese cultural multiplicáronse nos últimos anos.

íñigo garcía odiaga. arquitecto
san sebastián. xuño 2012

Artigo publicado 2012.06.03 _ ZAZPIKA

Íñigo García Odiaga

Arquitecto. Editor de NOMU. 1/5 del estudio de arquitectura VAUMM. Vivo en Donosti.

follow me

Arquivado en: artigos, Íñigo García Odiaga

Tags: , , , , , , , , , , , , , , , ,